No DOG do 04/11/2026 publican:
- RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2026, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de servizos xerais (PSX), subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 220, do 20 de novembro) pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.
- RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2026, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade limpeza e cociña (AP), da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 220, do 20 de novembro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.
- RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2026 do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (AP), escala de persoal subalterno, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución da Consellaría de Facenda e Administración Pública do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.
Publican a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións acadadas
De conformidade coa base 4.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario oficial de Galiza destas resolucións, para presentar a documentación prevista na citada base.
Elevan estas resolucións á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para os efectos de que as persoas que figuran nelas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.