No DOG do 06/11/2026 publican:
- RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.
- RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.
- RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (AP), escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.
- RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (AP), escala de persoal subalterno, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.
O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galiza.