No DOG do 25/11/2026 publican:
- RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de axentes de extensión pesqueira, convocado pola Resolución do 29 de maio de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 104, do 5 de xuño).
- RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para o ingreso pola quenda de acceso libre no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, especialidades técnica e xurídica, convocado pola Resolución do 29 de maio de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 104, do 5 de xuño).
As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en (https://fides.xunta.gal), no menú «Procesos», epígrafe «Inscrición procesos selectivos»: «Resultado».
A listaxe completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, poderase consultar no portal web corporativo (https://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_opo/opo_principal.jsp) indicando o NIF e marcando a opción «Ver os meus datos».