Novas por contido

No DOG do 22/10/2019 publican a Resolución pola que publican diversos acordos neste proceso selectivo. Basicamente publican as notas obtidas no segundo exercicio e abren un prazo de 10 días hábiles para reclamar.

Noutra Resolución do mesmo DOG do 22/10/2019 publican o procedemento para a acreditación dos méritos da fase de concurso.

A EGAP publica no DOG do 22/10/2019 a Resolución pola que se convoca un curso de iniciación e un curso de formación avanzado nas tecnoloxías e recursos topográficos.

O prazo para presentar a solicitude é moi curto: tan só cinco días dende o seguinte ao da publicación no DOG.

No DOG do 14/10/2019 publican a Resolución pola que fan pública a baremación provisional da fase de concurso no proceso selectivo por promoción interna e cambio de categoría a auxiliar de enfermaría (IV-003).

No DOG do 14/10/2019 publican a Resolución pola que fan pública a baremación provisional da fase de concurso no proceso selectivo por promoción interna e cambio de categoría a camareiro/a-limpador/a//axudante/a cociña (V-001).

No DOG do 11/10/2019 publican a Resolución do tribunal pola que fixan a data, hora e lugardo segundo exercicio do proceso selectivo por acceso libre á escala técnica de finanzas-A2.

No DOG do 11/10/2019 publican a Resolución do tribunal pola que fixan a data, hora e lugardo terceiro exercicio do proceso selectivo por acceso libre ao corpo de xestión A2.

No DOG do 11/10/2019 publican a Resolución do tribunal pola que fixan a data, hora, lugar e criterios de corrección e cualificación do terceiro exercicio do proceso selectivo por promoción interna ao corpo superior A1.

No DOG do 01/10/2019 publican a Resolución pola que se fan públicas as listaxes definitivas para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza do grupo V, categoría 003 (ordenanza e outras), en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

No DOG do 01/10/2019 publican a Resolución pola que fan pública as cualificacións do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a-axudante/a de cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza.

Tamén no DOG do 01/10/2019 publican unha segunda Resolución pola que fan público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo anterior. O prazo é de 10 días hábiles dende o seguinte ao da publicación.

No DOG do 30/09/2019 publican a Resolución pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as do concurso ordinario para a provisión de postos vacantes nas escalas do Servizo de Gardacostas de Galiza.

No DOG do 30/09/2019 publican a Resolución pola que se fai pública a data, hora e lugar para a realización do segundo exercicio do proceso selectivo á escala superior de finanzas-A1.

Outras novas recentes

Mércores, 09 Setembro 2026

Modificación RPT; datas actos de elección destinos; SPIF; oficinas emprego; finanzas (CP 09/09/26)

Á Comisión de Persoal do mércores 9 de setembro, foi como único punto da orde do día a proposta de modificación de varios postos na Relación de Postos de Traballo (RPT) das consellerías de Emprego, Comercio e Emigración, e de Presidencia, Xustiza e Deportes, a causa da execución de sentenzas de persoas que reclamaron destino definitivo no posto que ocupaban en provisional....
Martes, 15 Setembro 2026

A Xunta de Galiza discrimina na carreira profesional ás súas traballadoras en redución de xornada por conciliación

A CIG denuncia que Facenda, por aforrar 2 pesos, incumpre toda a normativa de igualdade situándonos na prehistoria dos dereitos das mulleres traballadoras.Traballadoras da Xunta de Galiza veñen de ver  denegado o grao de carreira profesional por non acadar o tempo necesario para a súa concesión, alias a súa antigüidade na Administración fora máis que suficiente. Unha vez...
Luns, 14 Setembro 2026

A CIG denuncia que a Xunta precariza o persoal formador en lingua galega

O deber legal de capacitar o persoal público en galego non pode depender de convenios temporais nin asentarse na precariedade laboral A CIG esixe a ampliación inmediata e con efectos retroactivos da xornada do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua, ao que a Xunta duplicou a carga de traballo dende o  1 de setembro. A sobrecarga pon en risco os...