- Detalles
No DOG do 01/10/2019 publican a Resolución pola que se fan públicas as listaxes definitivas para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza do grupo V, categoría 003 (ordenanza e outras), en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.
- Detalles
No DOG do 01/10/2019 publican a Resolución pola que fan pública as cualificacións do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a-axudante/a de cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza.
Tamén no DOG do 01/10/2019 publican unha segunda Resolución pola que fan público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo anterior. O prazo é de 10 días hábiles dende o seguinte ao da publicación.
- Detalles
No DOG do 30/09/2019 publican a Resolución pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as do concurso ordinario para a provisión de postos vacantes nas escalas do Servizo de Gardacostas de Galiza.
- Detalles
No DOG do 30/09/2019 publican a Resolución pola que se fai pública a data, hora e lugar para a realización do segundo exercicio do proceso selectivo á escala superior de finanzas-A1.
- Detalles
Publicada no DOG Núm. 184 Venres, 27 de setembro de 2019 RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 69, do 7 de abril), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.
O segundo exercicio do proceso selectivo terá lugar o día 3 de outubro de 2019, a partir das 10.00 horas, no Seminario A, planta 1ª da Egap (Escola Galega de Administración Pública), sita na rúa de Madrid, 2, Santiago de Compostela.
- Detalles
Publicada no DOG Núm. 184 Venres, 27 de setembro de 2019 a ORDE do 25 de setembro de 2019 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.
- Detalles
No DOG Núm. 184 Venres, 27 de setembro de 2019 publícase a ORDE do 25 de setembro de 2019 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.
- Detalles
Publicada no DOG Núm. 184 Venres, 27 de setembro de 2019, ORDE do 23 de setembro de 2019 pola que se amplía o prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.
- Detalles
Publicada no DOG Núm. 184 Venres, 27 de setembro de 2019 ORDE do 20 de setembro de 2019 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística.
- Detalles
No DOG Núm. 182 Mércores, 25 de setembro de 2019 publícase a resolución do 18 de setembro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 48, do 8 de marzo), pola que se dá publicidade a diversos acordos.
Convocar para a realización do terceiro exercicio os aspirantes que, de acordo co disposto na base II.1.1.3. da convocatoria, non presentaron correctamente a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 3 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo).
Que este terceiro exercicio da fase de oposición terá lugar o día 1 de outubro de 2019, e que o lugar de realización será a sala D da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (edificio da pirámide San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.
O exercicio consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de trinta (30) preguntas tipo test con catro (4) respostas alternativas das que só unha delas será a correcta, máis tres (3) preguntas de reserva, mediante o cal se evidencie o coñecemento da lingua galega.