Novas por contido

No DOG do 28 de outubro infórmase da realización dos trámites oportunos para publicar as listaxes de persoas aspirantes que superaron o terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral, escala de sistemas e tecnoloxía da información, subgrupo A1.

As persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

No DOG do 26/10/2020 fan pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a//axudante/a de cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza.

As persoas aspirantes teñen un prazo de 20 días hábiles para presentar a documentación prevista na convocatoria.

No DOG do 22/10/2020 publican a data, hora e lugar de realización do cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de finanzas. 

No DOG do 14 de outubro vén de ser publicada a baremación definitiva da fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a, axudante/a de cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

No DOG do 13/10/2020 publican a baremación provisional da fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de administración xeral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, pola quenda de promoción interna, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG do 11/03/2018).

As persoas interesadas poden presentar reclamación no prazo de dez días dende o seguinte á publicación no DOG.

No DOG do 08/10/2020 anuncian a exposición das listas provisionais de axudas aprobadas e denegadas do FAS-2019 relativas á axuda para a atención de persoas con discapacidade (a única modalidade na que o goberno de Feijoo deixou ao FAS).

O prazo de emenda é de dez días hábiles dende o seguinte ao da publicación no DOG.

No DOG do 07/10/2020 publican o baremo definitivo da fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2.

Nunha segunda Resolución fan pública a relación de aspirantes que superaron o proceso, e dan un prazo de 20 días naturais para presentar a documentación necesaria.

No DOG do 6/10/2020 publican as resolucións polas que convocan para a elección de destino ás persoas que superaron os procesos selectivos seguintes:

Elección definitiva: arqueólogos/as

Elección provisional:

No DOG do 06/10/2020 publican o baremo definitivo da fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xesión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2. 

Nunha segunda Resolución fan pública a relación de aspirantes que superaron o proceso, e dan un prazo de 20 días naturais para presentar a documentación necesaria.

Outras novas recentes

Mércores, 30 Setembro 2026

En mans de quen están as traballadoras do Consorcio? Alguén aos mandos? Hai alguén aí?

Xuntanza coa xerencia do Consorcio (29/09/26) O martes 22 de setembro tivemos que pecharnos no Consorcio porque a situación para moitas das traballadoras que deixaron de prestar servizos no Consorcio, é insostible. Manifestamos que non nos moveríamos do acceso ao edificio se o xerente non nos daba un día e hora para reunirnos por culpa das ilegalidades que están facendo...
Martes, 29 Setembro 2026

A EGAP responde ás críticas da CIG con autoritarismo

A nosa central denuncia que a Dirección converte o Consello Reitor da Escola nun órgano decorativo A CIG non asistiu ao Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) do 23 de setembro como medida de protesta polos reiterados atrancos impostos pola Dirección da Escola á participación da única organización sindical que fiscaliza criticamente a súa...
Mércores, 30 Setembro 2026

Erros na elección de destino en C1-C2-AP de mantemento, RRNN, cociña, condución, análise de laboratorio e limpeza

A Xunta publicou en DOG o mércores 30 a convocatoria para a elección de destino de diversas escalas de C1-C2-AP (mantemento, RRNN, cociña, condución, análise de laboratorio e limpeza). Inmediatamente detectamos numerosos erros na relación de postos ofertados, incluíndo códigos repetidos, polo que falamos con persoas responsábeis da Dirección Xeral de Emprego Público e...