Novas por contido

O Vicepresidente da Xunta comeza o proceso de facer as maletas ante a perspectiva de perder a Xunta e no concurso de secretarios de Administración Local do 2015, do que xa hai adxudicación provisional, concursa para o Concello de Marín.

Mentres os empregados/as públicos/as da Xunta de Galiza, funcionarios de Administración Xeral, especial, escalas e persoal laboral tardamos anos en ver convocados e resoltos os nosos concursos (o último é o concurso de Administración Xeral que está paralizado), el como o heroe mítico Aquiles “o dos pes lixeiros”, fuxe da Xunta.

A alcaldesa de Marín, antiga compañeira de estudos, e man dereita súa no proceso de facerse co PP provincial, ven de propoñer unha suba do complemento específico dos empregados/as públicos/as do Concello de Marín de 100.000 € en total. Esperemos que se destine aos funcionarios e laborais, comezando polos grupos e categorías máis baixas e non para homologar o soldo do novo secretario do concello co de vicepresidente da Xunta para seguir cobrando igual.

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...