Novas por contido

No DOG do 23 de marzo publicáronse unha serie de convenios da Secretaría Xeral de Medios cos clásicos xornais galegos de prensa escrita por un valor total de 841.236,44 €, só para o primeiro cuadrimestre deste ano. Desta volta destacan polo seu orixinal motivo para repartir pasta, no sentido que son destinados maioritariamente ao "fomento da lectura da prensa escrita" ou "do uso das novas tecnoloxías" nos centros docentes galegos.

A Corporación Voz de Galicia volve ser o medio máis subvencionado con 485.000 euros, para "a divulgación de información sobre a investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i) en Galicia" (120.000€) e máis "a difusión informativa da capitalidade de Santiago de Compostela nos medios de comunicación" (125.000€); por este motivo tamén van outros 120.000 € para Editorial Compostela, S.A.

Convenios de colaboración para comprar xornais para os centros educativos

Canto menos curioso é o apelativo que merecen estes convenios de colaboración onde unha Administración pon cartos e a outra parte conveniante comprométese a colocar un número determinado de xornais nos centros docentes galegos. Isto presuntamente semella un contrato de compraventa malamente disfrazado de "fomento da lectura da prensa escrita polo alumnado dos centros docentes". Custo: 310.769,37 €

Tamén hai a versión electrónica na que a Xunta pon cartos e a empresa xornalística dá acceso nos centros docentes galegos a súa web que figura no nome da cada convenio. Aquí aínda é mais grave pois parte destas empresas xornalísticas cobran polo acceso web aos seus contidos e polos anuncios da súa web. Ista regalía aos xornais vai disfrazada do "fomento do uso das novas tecnoloxías de información e comunicación polo alumnado dos centros docentes galegos". Custo: 170.467,07 €

En total destes convenios van 481.236,44 €, moi semellantes aos 485.273,32 € do ano pasado. O grupo da Voz (Canal Voz, S.A. e La Voz de Galicia, S.A.) é o que máis leva nestes convenios, cun total de 243.519,92 € (a metade do total), seguido polo do Faro de Vigo S.A.U., con 100.743,05 €.

E por que non destinar eses cartos directamente aos centros docentes públicos para que compren as publicacións e as novas tecnoloxías que precisen? Non sería esa un mellor xeito de fomentar a lectura e o uso de novas tecnoloxías sen condicionalo a uns medios en concreto? Isto é unha vergoña absoluta e como tal había que publicala no DOG un mércores de semana santa, a ver se pasaba máis desapercibida. Para o contido completo dos convenios en cuestión non hai publicación activa como no caso dos pregos dos contratos públicos.

Outras novas recentes

Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...
Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...