Novas por contido

O 24 de novembro, a Xunta de Persoal de Pontevedra xuntouse coa Secretaria Territorial de Pontevedra e Xefe Territorial de Presidencia para tratarmos asuntos relativos ao edificio administrativo de Pontevedra.

 

Trala xuntanza acordamos publicar unha nota informativa da Xunta de Persoal (como órgano colexiado, non como sindicatos). Tendo a CIG a maioría, e sendo o representante da CIG quen elaborou o borrador da nota, recibimos a sorpresa de que dous ou tres dias despois da xuntanza, o sindicato CCOO publicou unha nota pola sua conta, e facendo uso de boa parte do texto redactado polo representante da CIG.

Non é a primeira vez que CCOO decide desprezar á Xunta de Persoal, así que por parte da CIG consideramos que CCOO non ten interese ningún en que a Xunta de Persoal funcione e actuaremos en consecuencia.

Este era o texto elaborado pola representación da CIG para ser distribuido en nome da Xunta de Persoal:

XUNTA DE PERSOAL DOS SERVIZOS PERIFÉRICOS DA XUNTA DE GALIZA NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA
RESUMO DA XUNTANZA COA SECRETARIA TERRITORIAL. 24/11/09

O día 24 de novembro, a Xunta de Persoal tivemos unha xuntanza coa Secretaria Territorial de Pontevedra e Xefe Territorial de Presidencia para tratarmos diversos asuntos:

1º.- Cambios ubicación persoal

Informousenos dos seguintes:

  • 4º andar: engaden Calidade Ambiental, algún servizo mais (seguramente algo de Secretaría), Pesca e Traballo
  • 2º andar: vai Conservación da Natureza, expanden Montes, Persoal de Medio Rural cambia de ala, Servizo Xuridico. Moven emisora. Todo Medio Rural.
  • Conservación da Natureza: pasan á segunda.
  • Buscan nova ubicación para a sala de lactancia e mantemento
  • Inspección Sanitaria: incrementanlles o espazo, utilizando onde está agora Queima.

 

Outros cambios:

  • IGAPE ven para o edificio (á 5º, economía)
  • Oficina de Emprego: non saben se a desdoblan ou simplemente cambian parte do persoal. En todo caso, vai haber cambios cara a antiga Industria.
  • Centro Base (EVO): a principios de ano irán para a antiga Sanidade.

 

2º Escola Infantil

Comezará a funcionar o ano que ven (non especificaron mais, limitándose a asegurar que antes do curso seguinte, e que por decembro poderían concretar mais).
Xa teñen orzamento, e dependerá de Traballo, non de Presidencia.

Non quedou claro se vai ser un centro da rede propia ou do consorcio de servizos sociais. Dende a Xunta de Persoal esiximos que sexa centro propio, que esto xa foi comprometido polo goberno anterior despois de varias manifestacións e peches, polo que non íamos ceder cambios a estas alturas.

Están dispostos a negociar os criterios de baremación.

3º Cafetería

  • Antes de fin de ano estará dotada (a cargo da Xunta).
  • Están preparando o pliego de concesión.
  • Ofrecer servizo de comedor será decisión da empresa concesionaria.

4º Outros

  • Oficina de Correos: tramitada a petición a correos de quen xa dependerá a decisión da data de apertura (teñen que recibir autorización para contratar duas persoas).
  • Xa está habilitado o teléfone de emerxencias do edificio. Nos vindeiros días repartirán autocolantes co número.
  • Simulacro de evacuación: arredor de xaneiro.
  • Nos vindeiros días van trasladar os bancos do rexistro (zona habilitada para cumprimentar impresos) a algún sitio onde non entorpezan (posibelmente cara o salón de actos)
  • Mutua: solicitaron médico a Compostela (a negociar coa Mutua). Sen data.

 

Outras novas recentes

Martes, 06 Outubro 2026

Elección de destino de varias escalas de C1, C2 e AP

No DOG do 05/10/2026 publican a Resolución pola que se modifica a Resolución do 24 de setembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo...
Martes, 13 Outubro 2026

A Xanela. Boletín de CIG-Autonómica. Setembro/2026

Neste boletín: - E despois de todo isto? Que vai pasar cando rematen os concursos e tomas de posesión - Medio Rural asina acordos aos cachos para o persoal do SPIF - Concurso específico (a libre designación encuberta con estabilidade de 5 anos) - Movementos tras o concurso ou destino definitivo - Persoal non docente: chegou o momento de negociar Descargar
Martes, 13 Outubro 2026

Fondo de Acción Social de 2025: listaxe definitiva de persoas admitidas

No DOG do 13/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2025, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade....