Novas por contido

Obrigan ao persoal funcionario e laboral a acudir ao centro de traballo a pesar de que o comunicado da Consellaría de Educación suspende as aulas para seguridade do alumnado, profesorado e persoal non docente.

O día de hoxe, 16 de decembro de 2009, a Xunta ven de suspender as aulas nos centros de ensino non universitario a través dun comunicado na súa páxina web que se pode consultar no seguinte ligazón: web educación.

Dende a CIG-Autonómica temos constancia que en moitos centros de ensino están saltándose a suspensión á toreira obrigando ao persoal non docente a personarse nos centros a pesar de que o comunicado da Consellaría é taxativo nese punto:

“Esta decisión tómase como medida de precaución, en base á predición feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómenos meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán a Galicia en cotas baixas a partir das 12 desta mesma noite.

A Consellería de Educación garante deste xeito que non se produza incidencia algunha no acceso dos escolares aos seus centros, así como preserva a seguridade do alumnado, profesorado e persoal non docente. ”

Dende a CIG-Autonómica condenamos ás presións ás que é sometido o persoal de administración e servizos dende algúns centros obrigándoos a acudir ao centro a pesar do comunicado feito pola propia Consellaría e denunciamos a negativa de certas equipas directivas a dar a orde por escrito a pesar de que explícitamente lle foi pedida.

Indicamos ademais que tomaremos as medidas oportunas que poidan ser pertinentes tanto no ámbito laboral coma no civil e penal para depurar as responsabilidades nas que se poida estar a incurrir.

Outras novas recentes

Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...