Novas por contido
  • OEP 2009 de persoal laboral e funcionario da Xunta de Galiza.

  • OEP 2009 do persoal da Lei 17/1989 (persoal sanitario) da Xunta de Galiza.

  • Modificación da RPT da Academia Galega de Seguridade.

  • Modificación do decreto de creación do Consello Asesor para a Integración da Discapacidade.



RESUMO DA COMISIÓN DE PERSOAL (16/1272009)

A Administración informa da retirada dos puntos 4, (Proposta de acordo da Xunta de Galicia do 1 de decembro de 2009, polo que se ditan instruccións sobre o procedemento do artigo 65.4 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia) e 7, (Informe modificación decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración Autonómica de Galicia), por estar pendentes de que se emitan informes


Punto primeiro: Informe sobre a medida de suspensión provisional de 6 meses dun  peón forestal.

A CIG pide que se garanta a presunción de inocencia.


Punto segundo: Proxecto de decreto polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009.

ADMINISTRACIÓN: aclara que as 20 prazas de Axentes facultativos mediambientais do Anexo III son de acceso libre.

CIG

  • Non houbo negociación real desta OEP 2009 e que nunca nos achegaron os anexos tal e como solicitamos para a Mesa Xeral.
  • Non podemos ter constancia de que se estea a cumprir coa taxa de reposición do 30% porque a Administración non nos facilita o número global de vacantes.
  • Non se intenta dar solución aos problemas  que xera a actual configuración dos tribunais.
  • Preguntamos si esta OEP vai provocar que decaian as prazas da OEP do 2008.
  • Preguntamos onde están as 100 prazas de consolidación de grao do C1.
  • Preguntamos polas prazas de legoeiros da MATI.
  • Non se reuniu a mesa de negociación para a reclasificación do Corpo Subalterno e non se aborda nesta OEP.
  • Vemos ben os avances no tema da discapacidade, inda que é urxente a convocatoria do consello asesor para a integración da discapacidade na función pública.
  • Non se elimina dos procesos de consolidación a praza do SERGAS da muller dun subdirector Xeral (A Administración di que falta o informe da Asesoría Xurídica sobre esa praza).

ADMINISTRACIÓN:

Resposta que esta OEP non vai facer decaer a anterior.

Que se van convocar as prazas de legoeiros.

Que se van publicar os acordos de ampliación.

A CIG VOTA EN CONTRA

Os outros sindicatos votaron tamén en contra, excepto CCOO que se abstivo.


Punto terceiro: Proxecto de decreto OPE 2009 do persoal da Lei 17/1989.

CIG

  • Pedimos que se retire da orde do día.
  • O persoal da Lei 17/1989 (persoal sanitario) son funcionarios da Xunta de Galiza e tense que negociar na Mesa Sectorial de Funcionarios e non na Mesa Sectorial de Sanidade.
  • Sabemos que mañán vai o decreto de integración á Mesa Sectorial de Sanidade. Que se retire da orde do día de Sanidade e que se traia a negociar no ámbito correspondente. Demandamos intervención de Función Pública.
  • Co decreto de integración todos os interinos pasan a ser estatutarios. Hai que garantir que mentres non pasen as 3 oportunidades  sigan sendo funcionarios interinos para que non perdan dereitos. Exemplo das consecuencias: a escala de inspectores farmacéuticos, con 60 prazas para 60 aprobados, e todos os interinos estatutarizados, polo que os que queden como persoal funcionario non vai poder concursar na súa vida. Debe paralizarse calquera proceso de estatutarización mentres haxa procesos en marcha (e despois, negocialo no seu ámbito)
  • Nese decreto que vai ir á Mesa de Sanidade:
    1. Inventan a condición de directivo: os subdirectores xerais non teñen por qué ser funcionarios.
    2. Os xefes de servizo teñen que ser licenciados e diplomados sanitarios ao servizo de calquera Administración Pública.
  • Caso dunha subdirectora xeral sendo A2 diplomada en Enfermería, cando para selo hai que ser licenciado.
  • Que Función Pública pida que se retire mañán da orde do día da Mesa de Sanidade
  • Ten que saír de aquí ese compromiso.

NEGAMONOS A VOTAR


ADMINISTRACIÓN

Hai dúas cousas distintas: a integración e a OEP. Aquí se trae a OEP do persoal da lei 17/1989.

Non se retira este punto.

O ámbito negociador cumpriuse ao levala á Mesa Xeral

Enviarán nota a Sanidade pedindo información dos asuntos a tratar na Mesa Sectorial de Sanidade.

QUEDA APROBADO



Punto quinto: Proposta de modificación da RPT da Academia Galega de Seguridade.

CIG

  • Aínda que esperabamos que a Academia Galega de Seguridade non fixera movementos pensamos que FP si, para impedir a apertura da praza de secretaria do Director ao persoal da Administración Local (A12).
  • Temos claro que este posto se modifica para darlle entrada a unha persoa concreta dun concello próximo.
  • Sabemos o nome da persoa, e nuns días faremos un acto para meter o nome nun sobre. Si nos equivocamos pediremos desculpas, e si non esixiremos responsabilidades.

EN CONTRA

O CSIF vota a favor.



Punto sexto: Informe modificación decreto decreto 143/2008, do 3 de xullo, polo que se crea o Consello Asesor para a Integración da Discapacidade na Función Pública Galega.

ADMINISTRACIÓN:

Trátase de adaptar á nova estrutura orgánica da Xunta (denominación das consellarías, cambio de Presidencia para Facenda, etc)

Supresión do vocal da S.X de Vicepresidencia.

Ningún outro cambio.

Levalo ao Consello para unilo coa OEP.

CIG

  • Entendemos que é un cambio para adaptarse á nova estrutura.
  • Ten trampa nos prazos que é culpa deste e do anterior goberno.
  • Si se cumprise este prazo sería un triunfo.
  • Consideramos que non é necesario pronunciarse.


Outras novas recentes

Venres, 22 Novembro 2024

Probas físicas nos procesos do SPIF: a Xunta no canto de informar a lía parda

O día 21/11/2024, a Dirección Xeral de Emprego Público colgou unha nota informativa na súa páxina web sobre a proba física de varias categorías dos procesos do Servizo de prevención e defensa contra incendios forestais SPIF). Dado que esta nota é incompleta, xera dúbidas e dela se poden derivar graves consecuencias, dende a CIG vimos de reclamarlle hoxe á DXEP que con...
Venres, 15 Novembro 2024

A CIG-Autonómica dá por rematada a súa presenza en X-Twitter como rexeitamento á alianza fascista Trump-Musk

A decisión vén motivada polo apoio incondicional do dono desta rede social, o magnate Elon Musk, a TrumpA “victoria” de Donald Trump e o apoio millonario de Elon Musk á súa reelecciónDonald Trump vai tomar posesión como novo presidente dos Estados Unidos de América o 20 de xaneiro de 2025, despois de gañar de novo as eleccións á Casa Branca o martes 5 de novembro, cunha...
Xoves, 21 Novembro 2024

Rueda esnaquiza a GAIN, mentres Economía, Educación e Igape se reparten persoal, funcións e competencias

A reestruturación da Xunta de Galiza lévase por diante á GAIN e ao seu persoal Os secretarios xerais técnicos da Consellaría de Economía e Industria e da Consellaría de Educación convócannos o luns 18 de novembro de 2024 aos sindicatos a unha xuntanza “informativa”, sen opción a negociar ningún aspecto, e a 12 días de  efectuar os traspasos de traballadoras e...