Novas por contido

A CIG demándalle á Consellería do Medio Rural que incorpore medios humanos ao servizo de prevención e defensa contra incendios forestais (SPDCIF) da Xunta de Galiza, como consecuencia de falta de persoal.

Nesta primeira quincena do mes de decembro, con temperaturas bastantes máis elevadas do previsto, estánse a producir novamente incendios forestais por toda Galiza.

Dacordo coa previsión establecida pola propia Consellería do Medio Rural nestes intres o operativo de extinción de incendios forestais está integrado por persoal laboral que ven traballando durante todo o ano, na cifra de 866 traballadores, persoal que non todo está destinado a labores de prevención e extinción de incendios, senón que tamén a labores administrativos. Concretamente os traballadores e traballadoras en traballos de extinción e prevención ascenden a 82 cuadrillas e outros 82 conductores de motobomba.

A CIG advirte que si Medio Rural tivese a dignidade necesaria para pór en marcha a cobertura de baixas laboráis, permisos e vacacións do persoal do SPDCIF os nosos montes non se verían afectados tal e como aconteceu en Silleda e está acontecendo en zona de Rede Natura no Macizo Central da provincia de Ourense. Estamos a ollar como en distritos forestais non hai ningún motobomba operativo e cuadrillas forestais con un ou dous traballadores, cando o número de integrantes de cada unha das cuadrillas ascende a sete membros. Reiteremos da nula planificación do dispositivo contra incendios forestais da Xunta de Galiza, corpo que chegou a ser declarado coma un dos mellores do Estado, e que cos dirixentes actúais dito crédito recoñecido estase a perder paulatinamente.

Con estes datos, que están recollidos nos libros de actas dos distritos forestais, vimos a denunciar a prepotencia da propia Conselleira do Medio Rural, Anxeles Vázquez, ante as manifestacións que están recollidas nalgún periódico, onde comentou que ningún distrito forestal queda sen medios, aínda que éstes se ven reducidos en comparación coa época do verán (alto risco de incendios forestais). Pero a cousa non quedou aí: afirmou tamén que o persoal laboral de tres meses, dacordo co troco no regulamento (a conselleira descoñece que a normativa é un decreto de listas de contratación, por iso lle chama regulamento) poderán acceder a postos de nove meses. Ésta afirmación non é de todo correcta, xa que para que dito persoal poida ter dereito a un posto de máis de tres meses, primeiramente deberá renunciar ao seu posto de traballo (o esto conleva, no paro e sen cobrar ningún tipo de axuda económica) e logo quedar a expectativa da convocatoria para a cobertura temporal de prazas de nove ou doce meses. Si Medio Rural convocase contínuamente procesos de cobertura de vacantes, procesos de sustitucións con motivo de incapacidades temporais, permisos, licenzas e vacacións, podería darse a circunstancia de traballadores de tres meses escollesen a opción da renuncia do seu posto.

A CIG, polo tanto, entende necesario tomar medidas para erradicar os incendios forestais, medidas que deberán comezar por incorporar ao seu posto de traballo a todos e cada un dos traballadores e traballadoras, persoal fixo descontinuo de nove e tres meses que nestes intres están anotados nas listas do INEM, para conquerir desta volta unha recuperación do noso rural, encamiñado na limpeza dos núcleos de poboación, aproveitamentos dos montes, sen esquecernos dunha planificación forestal e territorial, conquerindo un rural como un medio vivo. Mentres a Xunta de Galicia non poña enriba da mesa os medios humanos e económicos para rematar cos incendios forestais os nosos montes seguirán sufrindo a peor da destrución posíbel.

Outras novas recentes

Xoves, 01 Outubro 2026

Publicación listas provisionais PSX e xerocultor/a

No DOG do 01/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de servizos...
Mércores, 07 Outubro 2026

A CIG solicita oficialmente unha auditoría no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Denunciamos que a Xerencia garda silencio mentres o persoal traballador está ao límite. Despois do peche que fixemos no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (CGSIB) e logo da reunión mantida o día 29 de setembro co xerente do Consorcio, a CIG vén de solicitar oficialmente unha auditoría.  Isto xa non é unha mala xestión: é unha situación insostíbel e un...
Venres, 09 Outubro 2026

Ampliación do prazo de elección de destino na especialidade de limpeza e cociña

No DOG do 09/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2026 pola que se amplía o prazo para a elección de destino na agrupación profesional, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de limpeza e cociña, convocada pola Resolución do 24 de setembro de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 186, do 30 de setembro). Amplían o prazo...