Novas por contido

Nesta xuntanza convocada polo Director Xeral da Función Pública, prevista para tratar a RPT de ATRIGA, falamos tamén doutros asuntos como son: procesos selectivos, concursos de traslados, comisión de seguimento de veterinarios, etc.

RPT de ATRIGA, GAIN e D.X. de Enerxía e Minas

Con relación á Relación de Postos de Traballo de ATRIGA, van revisar a non adscrición dalgúns postos a ningunha área funcional. A CIG mantén o seu rexeitamento ao abuso que fai ATRIGA dos antigos méritos específicos substituidos agora polas áreas funcionais e que supoñen un atranco á mobilidade do persoal mediante os concursos de traslados. A maiores, están dispostos a estudar a petición da CIG de creación dunha praza de arquiveiro, co obxectivo de cumprir a Lei 7/2014 de arquivos e documentos impulsada polo goberno do PP e aprobada polo Parlamento de Galiza. Esta RPT vai ir á Mesa Xeral do venres 19/05/2017 (ver documentación).

En canto á RPT da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, para as que temos documentación insuficiente, tiñan previsto levalo á Mesa Xeral do venres 19 sen que houbese unha xuntanza previa, polo que reclamamos a súa retirada. Finalmente o retiran da Mesa e convocan unha xuntanza previa para o martes 23. Para ese día convocarán tamén a Mesa de Pluses.

Estas anteriores RPTs irán a Comisión de Persoal que convocarán para o luns 29 de maio.

Procesos selectivos

  • A1-Promoción interna: pendente de publicar nesta semana ou na vindeira a baremación da fase de concurso.
  • A2-Promoción interna: pendente da relación de aprobados nos vindeiros días.
  • C1 e C2-Promoción interna: pendente da publicación esta semana no DOG a relación de aspirantes que superaron o proceso e comezar o prazo para presentaren documentación. Contan con rematalo sobre o 8 de xuño.
  • A1-Libre: pendente da nota do exame de galego da única persoa que fixo o exame e da relación definitiva de aprobados.
  • A2 e C1-Libre: os aprobados saíron no DOG do 10 de maio. O prazo de recurso de alzada remata o 30 de maio.
  • C2-Libre: publicado no DOG do 12 de maio o resultado da proba de galego.
  • Finanzas (A1 e A2) e Gardacostas: publicaran a vindeira semana. O primeiro exame será antes do mes de agosto.
  • Proceso selectivo A1 (OEP 2002): está xudicializado, pendente do Supremo.
  • Enxeñeiros industriais: pendente de vindeira publicación.
  • Biólogos e químicos: van con máis retraso.
  • Ordenanzas (discapacidade): publicarán as notas a finais desta semana. O exame de galego será a primeiros de xuño.
  • Alegacións ao programa de profesores náuticos-pesqueiros: pendentes da consellería para convocarnos a unha xuntanza.
  • Promoción interna de persoal laboral dos grupos IV e V da OEP 2016: queren aprobala e publicala antes de agosto.
  • Pretenden que a maioría dos procesos rematen e tomen posesión en xuño. Están pendentes das alegacións das consellerías ás prazas que ofertarán para as eleccións de destino.

Concursos de traslados

- Estatística: van mandar as bases para negociar. Queren publicalo en xuño xunto a outra escala pendente de comunicar cal será. Pretenden resolver de xeito conxunto nun único acto tanto a adxudicación da fase inicial como da fase de resultas. A intención é logo facer o mesmo co resto de concursos. Os méritos van seguir como cos últimos do concurso xeral.

- Criterios de baremación para os futuros concursos de funcionarios e laborais: pendentes de envialo nos próximos días. Pretenden a súa simplificación. Adiantan as súas ideas:

  • Antigüidade por servizos prestados nas administracións públicas, queren valorar o tempo traballado como persoal interino.
  • Establecerán catro tipos de puntuación para os méritos específicos adecuados ás características do posto de traballo:
    • Fracción inferior a 6 meses de experiencia nun posto de traballo pertencente á mesma área funcional da do posto solicitado.
    • Posesión da titulación académica requirida para o posto de traballo solicitado.
    • Por nivel de coñecemento da lingua extranxeira que se solicite para o posto de traballo.
    • Pola posesión do permiso de conducción que se solicite para o posto de traballo.
  • Valoración do grao persoal.
  • Traballo desenvolvido: promedio do tempo transcorrido dende a última adxudicación do posto con carácter definitivo con independencia do nivel.
  • Medidas de conciliación e igualdade de xénero.
  • Cursos de formación: van acotar as entidades. Os cursos valoraranse por horas (e non por tramos como ata agora).
  • Grao de coñecemento do idioma de Galiza.
  • Grupo de pertenza do funcionario que participa no concurso.
  • Están valorando establecer ou non unha puntuación mínima.
  • En canto á presentación da documentación por parte dos participantes no concurso, simplificarase: o sistema informático validará automaticamente a maior parte.
  • Antes de rematar maio enviarán para a súa negociación a documentación cos criterios de baremación para todos os concursos de funcionarios e laborais.

Outros asuntos

Comisión de seguimento do acordo de veterinarios: van convocar ás consellerías afectadas para unha vindeira xuntanza e logo convocarán a comisión neste mes ou a primeiros de xuño.

Extensión do acordo aos veterinarios de Mar: darán conta na vindeira Comisión de Persoal.

Plan de loita contra a fraude: pendentes de concretar con Economía varios plans para desenvolver este ano, falan de dous ou tres plans. Haberá máis prazas. Todo pendente dos orzamentos do Estado. Convocarannos este mes para darnos máis información e ver como se van cubrir esas prazas.

Sentenza dereito a permuta para o persoal laboral temporal: estano mirando, anuncian un posible recurso de casación ao Supremo.

Persoal das Illas Atlánticas e legoeiros: convocarannos para unha vindeira xuntanza.

 

Outras novas recentes

Venres, 16 Outubro 2026

A Dirección Xeral de Emprego Público pasa o rolete pola Lei de medidas e a Lei de orzamentos de 2027, sen negociar (CP 15/10/26)

Na xuntanza da Comisión de Persoal do 15 de outubro, a directora xeral volveu ás andadas de facer imposíbel calquera posibilidade de negociación efectiva, impedindo que haxa calquera avance nas condicións laborais do persoal da Administración xeral da Xunta e entes. Xa se está a convertir en costume ter que dicirlle á diretora xeral de Emprego Público que coa CIG non conte...
Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...
Martes, 13 Outubro 2026

Fondo de Acción Social de 2025: listaxe definitiva de persoas admitidas

No DOG do 13/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2025, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade....