Novas por contido

O día 21 de xuño as organizacións sindicais CIG e CSIF celebramos asemblea na casa da Cultura de Silleda co fin de debater e informar sobre os problemas que suporía deixar que a Función Pública convoque ás prazas do SPDCIF como persoal funcionario e acordar, de ser o caso, as actuacións a levar a cabo na defensa dos procesos como persoal laboral.

Dende CIG e CSIF queremos agradecer o alto interese amosado polos traballadores, así como a súa asistencia e aportacións ao debate que nela se desenrolou.

Na asemblea acordouse de forma unánime ESIXIRa convocatoria de OPE´s  para a cobertura de tódalas vacantes existentes no SPDCIF como persoal laboral, previo a calquera proceso de funcionarización, tal e  como se pactou no acordo de bombeir@s forestais e segunda actividade no mes de Setembro do pasado ano.

Asemade, DENUNCIAR a estafa que supón para os traballadores temporais o gravísimo incumprimento da Xunta do seu compromiso de publicar as convocatorias de acceso libre das oposicións ás prazas de persoal laboral do Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF) ofertadas na OPE do ano 2016.

Por todo elo, a asemblea acordou CONVOCAR na primeira quincena de xullo CONCENTRACIÓN/MANIFESTACIÓN de traballadores do SPDCIF en Santiago de Compostela. Nos próximos días daremos conta da data e hora.

Tamén se acordou dar inicio a unha RECOLLIDA DE SINATURAS, para súa remisión o Presidente da Xunta,  para amosar o rexeitamento dos empregados públicos do SPDCIF aos plans da Función Pública de incumprir os acordos asinados e non convocar as oposicións no SPDCIF como persoal laboral.

ANULACIÓN DA QUENDA DE ACCESO LIBRE

REDUCIÓN DAS PRAZAS A CONVOCAR

INTERINIZACIÓN DO PERSOAL TEMPORAL CON PERDA DE DEREITOS E POSIBLES DESPIDOS

CONCURSO DE TRASLADOS E PROMOCIÓN INTERNA SEN POSIBILIDADES PARA OS INTERINOS

FUNCIONARIZACIÓN SEN NEGOCIACIÓN

ESCALAS MAL CREADAS NA LEI DE ORZAMENTOS...

¿NECESITAMOS MÁIS RAZÓNS?

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...