Novas por contido

Resumo do CSSL da Consellería de Infraestrutras e Vivenda, do 22 de xuño, no que se tratan os documentos de avaliación de riscos e o Plan de traballo na prevención de riscos laborais seguintes:

- Documento avaliación de riscos, plan de acción, medidas de emerxencia do taller e parque de maquinaria da AXI en Ourense.
Apróbase o documento presentado cos resultados por parte do Servizo de Prevención. Por parte da admón. plantea presentar un cronograma coa aplicación das medidas a implantar recollidas no plan. Dende a CIG proponse que se aplique a mesma actuación -seguimento da aplicación das medidas- en todos os demais plans de actuacións que se aproben, tanto os xa efectuados, como no caso de Pontevedra, como os previstos. Acéptase esta proposta por unanimidade.

- Programa de avaliacións 2018.
Por parte do Servizo de Prevención, proponse que, tal como se fixo no último trimestre do anterior exercicio, tanto a admón como as organizacións sindicais fagan as propostas pra incluir no Plan de prevención de 2018, así como as excepcións que puderan xurdir, con carácter urxente, ou excepcional.
Dende as organizacións sindicais propoñemos facer tamén un plan de actuación do traballo de campo que inclúa protección solar, dermatolóxica, de alerxias...tal e como se fai na Consellería de Medio Ambiente e O.T. Acordamos facer unha solicitude ao Servizo de Prevención para facer un muestreo en todos os centros de traballo e provincias.

- Roupa de traballo ao persoal da Axencia Galega de Infraestruturas.
O vindeiro 30 de xuño formalizarase o comntrato coa empresa adxudicataria do contrato. Comprométense a entregar a nova roupa, logo da tallaxe e confeción, no menor tempo posible.
Tamén se propón a creación dunha “mesa da roupa”, para definir as características e a mellor idoneidade da roupa de traballo para unha vindeira contratación.

- Estado dos vehículos do parque móbil da AXI.
Asumen a antigüidade de TODO o parque móbil da AXI, pero que non está en servizo ningún vehículo que non teña pasada a ITV. Trasladan o compromiso de, segúndo a disponibilidade orzamentaria, e vendo as prioridade de cada parque, elaborar un contrato de adquisión de vehículos que sería presentado no último trimestre do ano.

Dende as OO.SS esiximos que que faga a renovación que abarque o maior número de vehículos posibles e, que dadas as características dos traballos a realizar, estes estean dotados de cubículos separados, é dicir, o persoal das brigadas que vaia totalmente separado das ferramentas e dos produtos que se transportan. Así mesmo, solicitamos que a rotulación dos vehículos sexa homoxénea para as catro provincias, así como actualizada.

- Tarefas de conteo de vehículos- Persoal AXI.
Logo das queixas puntuais que se recibiran por parte do persoal de conteo dos vehículos que circulan polas Vías de Alta Capacidade, trasládan que a situación actual é a de nove persoas que teñen que facer un total de 60 horas/mes, podendo facer as pausas que necesiten para evitar a fatiga visual. Na actualidade, están estudiando a posibilidade de implantar un programa informático que efectúe ese traballo.

- Rolda de intervencións.
Ante as numerosas dúbidas que plantean os compañeiros/as en caso de accidente laboral, tanto dos pasos a seguir como das coberturas da póliza de accidentes, dende a CIG solicitamos que se elabore un protocolo de actuación para estes casos, e que se envíe a todos os servizos de persoal para que lle dean traslado a todo o persoal da consellería para un mellor coñecemento e difusión.

Outras novas recentes

Luns, 27 Xullo 2026

Apertura do prazo posesorio do concurso de traslados da Administración xeral

No DOG do 27/07/2026 publican a RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se modifica a Resolución do 13 de abril de 2026 pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, e se abre o prazo posesorio dos postos...
Martes, 04 Agosto 2026

Adxudicacións de destinos (esc. sociais e infantís, pers. aux. coidador), cesamentos de persoal temporal e carreira (CP 31/07/26)

Ademais de tratar os asuntos da orde do día, nesta xuntanza, após a nosa protesta, quedou fixado o 21 de outubro para comezar a negociar o acordo do PND. Repetimos a petición de que se dean destinos adaptados para persoal con discapacidade intelectual; preguntamos pola toma de posesión para corpos xerais e escalas sociais o mesmo día 15 de setembro e por se nas escalas de...
Martes, 04 Agosto 2026

Que vaia facendo balance quen asinou este simulacro de plan de igualdade!

A CIG reclama o rexistro retributivo, imprescindíbel para analizar a fenda retributiva entre mulleres e homes.No mes de xuño a CIG solicitou o rexistro retributivo do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma do ámbito subxectivo do I Plan de Igualdade da Xunta de Galiza, que afecta a máis de 26.000 persoas.A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración do Persoal...