Novas por contido

Informan de Función Pública que xa está enviada a DOG a resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 9 de marzo de 2018 pola que se fan públicas as listas provisionais para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza de determinados grupos e categorías correspondentes aos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, modificado polo Decreto 5/2007, do 25 de xaneiro. 

En concreto serías as listas das categorías:

  • IV-033 (bombeiro/a forestal condutor/a motobomba)
  • V-014 (bombeiro/a forestal)

 A previsión é que se fagan públicas o venres 16.

Outras novas recentes

Martes, 14 Outubro 2025

A CIG reúnese coa consellería de Educación polo persoal non docente e as cociñas

O pasado venres 10 de outubro a CIG Autonómica mantivo unha reunión coa consellería de Educación pola situación do persoal non docente dos centros de ensino e as escalas de cociña. Esto foi despois de moitas solicitudes, e de ser necesario chegar á mobilización e o conflito, cunha manifestación en Compostela a finais do curso pasado e as concentracións en todos os...
Luns, 13 Outubro 2025

As achegas da CIG e a mobilización van ser fundamentais para deseñar o novo marco normativo para a seguridade do persoal bombeiro forestal

A CIG presenta achegas ao borrador de Real Decreto que desenvolve a Lei básica de bombeiros forestais en materia de prevención incidindo, entre outras cuestións, na limitación da xornada máxima, a formación previa, a obrigatoriedade de investigar os accidentes, na inclusión de todas as actividades onde estea presente o lume e o estudo, XA, das enfermidades profesionais.   O...
Martes, 14 Outubro 2025

Mesa de diálogo de SEAGA (08/10/2025)

O pasado mércores 8 de outubro celebrouse a Mesa de diálogo de SEAGA onde se trataron os seguintes temas: 1- Confirman a ampliación do período de traballo do persoal descontinuo até o 12/12/2025.2- Despois de moito reclamalo vaise comezar a negociar o Plan de Igualdade. Xa están nomeadas as persoas para a mesa negociadora. Seaga contratou unha empresa para que lle faga o...