Novas por contido

Dende a CIG levamos anos poñendo en alerta á Consellaría de Medio Rural do novo escenario que presenta a actual tipoloxía dos incendios forestais, cunha evolución máis complexa e con maior capacidade destrutiva. Os lumes de interface son cada vez máis habituais e todo indica que van ir en aumento dado que os condicionantes que os orixinan non son atallados e tamén van en aumento.

Os índices FWI (Fire Weahter Index) que se producen en moitas zonas do país, sitúanse con frecuencia por riba do 39% o que quere dicir que sobrepasan (ou poñen ao límite) a capacidade de calquera dispositivo de prevención e extinción.

O actual mapa dos incendios forestais condúcenos a megaincendios con potencias caloríficas que superan os 15 000 kv/hora.

Neste novo escenario cumpre atacar as tres circunstancias de orixe e básicas:

  1. Actuar sobre o abandono do rural. É imprescindíbel retornar á paisaxe mosaico de maior resistencia ao lume e reducir ou aliminar os monocultivos de especies pirófitas.
  2. Unha maior profesionalización e formación dos dispositivos de prevención e extinción de incendios forestais
  3. Unha prevención axeitada e un uso ponderado das queimas controladas para reducir as cargas de combustíbel
  4. Mellorar a rapidez na resposta e a calidade da mesma mediante intervención na fase inicial que é cando se poden reducir a meirande parte dos perigos

O sistema galego de brigadas helitransportadas funcionou ben na década dos 90 e primeiros anos deste século. O MAGRAMA indica que nos últimos anos aínda que diminúen o número de lumes aumenta o número de hectáreas por incendio.

Dende a CIG prantexamos como mellorar a actual sistema de brigadas helitransportadas aproveitando a enorme experiencia acumulada polos traballadores do dispositivo da Xunta de Galiza e consideramos que deberan ir acompañadas de técnicos funcionarios públicos experimentados, xa que reforzaría a dirección da extinción dos incendios ao permitir adaptarse a un escenario cambiante á par de supoñer un evidente aforro económico.

A CIG, pois, solicita que a contratación de brigadas helitransportadas sexa asumida en exclusiva pola Xunta de Galiza co obxectivo de avanzar cara un sistema onde todos os helicópteros transporten unicamente brigadas conformadas por bombeiros forestais do SPDCIF. Indicamos que este sistema xa se levou a cabo por gobernos do Partido Popular no pasado e que, dende a chegada de Feijoo, se afondou na externalización destes recursos.

Outras novas recentes

Martes, 21 Outubro 2025

A CIG denuncia a situación irregular e clientelar das comisións de servizo na Xunta de Galiza, en especial na Consellaría do Medio Rural

Nos últimos días coñecéronse novos anuncios de comisións de servizo na Consellaría do Medio Rural. Algunhas delas corresponden a prazas que xa foron adxudicadas de forma definitiva o 16 de outubro, e cuxas persoas titulares aínda nin sequera tomaron posesión. O persoal funcionario interino que se atopa ocupando esas prazas non foi cesado. Esta situación non é un feito...
Martes, 14 Outubro 2025

Privatización da vixiancia de estradas. A AXI non aposta polo seu persoal e vai reforzar o servizo de vixilancia de estradas con persoal ...

No mes de xullo, a CIG solicitou a revisión dos pregos no procedemento de licitación para a contratación da conservación ordinaria e da viabilidade invernal das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galiza. Con data do 10 de xuño de 2025, a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) fixo pública, a través da Plataforma de Contratación Pública de Galiza, a...
Martes, 21 Outubro 2025

Borradores dos procesos selectivos de corpos xerais, PSX, auxiliar de clínica e psicoloxía

Dende a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remítenos os borradores de convocatorias dos seguintes procesos selectivos para alegacións ata o venres 31 de outubro ás 15:00 horas. Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de persoal de servizos xerais (PSX). PI. Descarga documentación Corpo de...