Novas por contido

Por pedimento da CIG mantivemos unha xuntanza coa secretaria xeral de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Beatríz Cuiña Barja, e co subdirector xeral  de Servizos Comúns, José Luís Maestro Castiñeiras, para denunciar as eivas e incumprimentos en materia de prevención de riscos laborais na Xunta de Galicia. Os temas tratados, dado a súa especial relevancia dentro da Xunta e por ser os que suscitan maior interese  no  persoal e nos delegados e delegadas de prevención, foron: as avaliacións de riscos, as convocatorias dos Comités de Saúde e Seguridade Laboral (CSS),  a vixilancia da saúde e os problemas coas prestacións da Mutua.


1.-Avaliación de Riscos

•    Comunicamos que nas avaliacións de riscos non se recollen, de xeito sistemático, máis que os riscos xenéricos; non contemplando riscos específicos tales como: os biolóxicos, os psicolóxicos, o traballo de campo, o traballo en illamento, o traballo en quendas, a coordinación de actividades, ademais de non incluír a perspectiva de xénero, tal e como ven recollido nos compromisos da Política de Seguridade e Saúde Laboral, da Xunta.


•   Advertimos que non existe seguimento da implantación do Plan de Acción, polo que as medidas correctoras non se cumpren e os riscos seguen a ser os mesmos ano tras ano, co perigo para a saúde que iso conleva para os traballadores e traballadoras.


•    Chamamos a atención sobre o incumprimento reiterado da obriga de informar e formar os traballadores e traballadoras sobre os riscos inherentes o seu traballo; as avaliacións de riscos quedan así nun mero cumprimento da lexislación.


•    Transmitiuse as dificultades que algúns delegados e delegadas de prevención da CIG teñen para recibir as comunicacións e mesmo para poder asistir as avaliacións de riscos.


•    Pedimos que a resolución de Inspección de Traballo que obriga a Xunta a facer a avaliación de riscos en tódolos postos dos distritos forestais  de Ourense,se faga extensible a tódalas provincias para cumprir ca legalidade vixente.


2.-Comités de Seguridade e Saúde

•    Insistimos na obrigatoriedade de  convocar os Comités. A Lei de Prevención de Riscos Laborais establece a obrigatoriedade de que os CSS se reúnan mínimo unha vez cada tres meses. Sen embargo, ano tras ano estase a incumprir este punto da normativa e, por tanto, lesionando o dereito dos traballadores e traballadoras en materia de prevención.

•    Naqueles casos nos que os temas a tratar sexan complexos, expoñemos a necesidade de crear Grupos de Traballo, ben provinciais ou por centros, para desenvolvelos.


•    Pedimos que se facilite o traballo dos delegados e delegadas de prevención coordinando as visitas os centros a nivel autonómico, de xeito que non coincidan a vez en disinto lugares o mesmo día e a mesma hora.


3.-Vixilancia da Saúde

•    Pediuse que os recoñecementos médicos sexan específicos segundo o traballo desempeñado e ca aplicación dos protocolos axeitados; e que estes atendan ás necesidades de saúde e peculiaridades  dos traballadores e traballadoras.


•    Solicitamos que se facilite a asistencia aos recoñecementos médicos para todo o persoal, especialmente para aquel que non ten o seu destino nos edificios administrativos. A maiores fixemos fincapé, como un obxectivo a perseguir, o fomento de  saúde no traballo.


4.-Servizo Prevención Alleo (Mutua)

•    Insistimos en que a Mutua  preste unha correcta atención aos traballadores e traballadoras, e entre outros, non deriven a asistencia a Seguridade Social, informen claramente dos servizos que deben prestar e faciliten  informes da asistencia prestada.


Outras novas recentes

Mércores, 30 Setembro 2026

Erros na elección de destino en C1-C2-AP de mantemento, RRNN, cociña, condución, análise de laboratorio e limpeza

A Xunta publicou en DOG o mércores 30 a convocatoria para a elección de destino de diversas escalas de C1-C2-AP (mantemento, RRNN, cociña, condución, análise de laboratorio e limpeza). Inmediatamente detectamos numerosos erros na relación de postos ofertados, incluíndo códigos repetidos, polo que falamos con persoas responsábeis da Dirección Xeral de Emprego Público e...
Martes, 06 Outubro 2026

Elección de destino de varias escalas de C1, C2 e AP

No DOG do 05/10/2026 publican a Resolución pola que se modifica a Resolución do 24 de setembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo...
Martes, 06 Outubro 2026

Axentes ambientais: case un ano sen o plan de igualdade específico que esixe a lei

A Xunta suspende de novo en igualdade. A Lei 4/2024, do 8 de novembro, básica de axentes forestais e medioambientais, establece unha obriga específica para as administracións competentes. O seu artigo 14 (Igualdade de xénero), dispón literalmente: As administracións responsables, de acordo co fundamento de actuación de igualdade de trato entre mulleres e homes do artigo...