Novas por contido

O DOG do día 26 de febreiro de 2010 publica as resolucións polas que:

  • Se acorda o peche e a apertura das listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos e escalas, e se adapta a forma de presentar as solicitudes.
  • Se fai pública a actualización provisional de méritos correspondentes ao ano 2009 das listas para a cobertura, con carácter transitorio, de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Apertura do prazo de inscrición:

  1. Prazo : entre o 1 de marzo e o 15 de xullo
  2. Só se poden presentar solicitudes para as categorías que estean abertas (consultar DOG)
  3. A solicitude será telemática dende a páxina www.xunta.es
  4. Non é necesario presentar copia do D.N.I. se a persoa interesada manifesta o seu consentimento expreso, que deberá constar na mesma solicitude, para que o órgano competente poida acceder á comprobación dos seus datos de identidade.
  5.  Documentación que hai que presentar:
    • solicitude debidamente cuberta
    • impreso de pago de taxas ( 16,93€). Estarán exentos do pagamento :
      • persoas con minusvalía igual ou superior ao 33% ( debe acreditarse coa fotocopia compulsada do certificado de discapacidade)
      • familias numerosas de clase especial. O resto das categorías pagan o 50%. acreditarase coa copia compulsada do título de familia numerosa.
      • parados dende alomenos o 1 de xaneiro de 2010 e con rentas inferiores ao SMI ( 633,30€/mes). Acreditarase coa certificación da oficina de emprego.
    • fotocopia compulsada do grado de coñecemento do idioma galego
    • fotocopia compulsada na que se acredite a titulación e demais requisitos ( si os hai) da lista.


Listas provisionais de actualización de méritos:

  1. Publícanse as listas coas novas puntuacións correspondentes as servizos prestados no ano 2009.
  2. 10 días hábiles para alegaciuóns/reclamacións (remata o 10 de marzo)

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...