Novas por contido

O art. 7 do vixente V convenio colectivo único establece taxativamente o procedemento para a provisión de vacantes. A provisión, polo tanto, pode ser:

  1. Definitiva vía concurso de traslados.
  2. Libre designación.
  3. Adxudicación de postos a traballadores declarados en situación de incapacidade permanente total.
  4. Provisión temporal ou provisional: a) Adscrición temporal; b) Contratación de persoal laboral temporal.

O posto de traballo PSC994080036560568 de ATS-DUE con funcións de coordinación no complexo residencial do Meixoeiro está vacante dende hai varios anos e a súa provisión, saltándose a normativa establecida no convenio, foi empregando a figura de “traballos de superior e inferior categoría” regulado polo artigo 15º do V Convenio Colectivo Único. Un dos principios reitores deste artigo é a de responder ás necesidades excepcionais e perentorias e cunha duración mínima imprescindible.

Na provisión deste posto de coordinación de ATS-DUE non se cumpre este principio de excepcionalidade; todo o contrario, é un posto vacante dende hai varios anos e a súa ocupación ten que ser de acordo co procedemento de provisión provisional en adscrición temporal. Este posto de traballo ten que ofertarse no web de función pública para a súa cobertura en adscrición temporal e, se non hai interesadas/os, en superior categoría.

O escurantismo, a arbitrariedade e o nepotismo seguido pola dirección do CRAPD confirma a súa, cando menos, pouca capacidade para o exercicio de funcións directivas. Pouca capacidade que tamén se manifesta no abuso das modificacións das quendas de traballo do persoal. O que debería ser unha excepción, convértese na norma diaria diante da mala planificación das necesidades de persoal.

Outras novas recentes

Xoves, 26 Setembro 2024

Deficiencias graves na base aérea de San Xoán de Río

O pasado 31 de xullo a Consellería de Medio Rural inaugurou con todos os honores a remodelación da base helitransportable de San Xoan de Río. No acto participaron a Conselleira de Medio Rural, o DX de Defensa do Monte ademáis de todas as autoridades pertinentes. Segundo os datos publicados pola Consellería de Medio Rural a inversión ascendeu a case 1.200.000€, unha...
Martes, 17 Setembro 2024

RPT de funcionarización (para CP 19/09/24)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal, que será o xoves 19 de setembro, coa seguinte Orde do día: RPT de funcionarización de postos clasificados de persoal laboral que pasarán ao corpo administrativo-C1. Descargar RPT de funcionarización de postos clasificados de persoal laboral que pasarán...
Martes, 17 Setembro 2024

A nova xerente de AGACAL tenta saltarse a negociación colectiva coa escusa de que crear unha praza de xefatura de sección de nóminas é un...

Mesa Sectorial de Funcionarias do 13/09/2024 polo miúdo A directora xeral de Emprego Público leva á Mesa Sectorial de Funcionarias (3/09/24) a destrución de 2 prazas de emprego público para crear 1 nova praza. En concreto, queren crear unha xefatura de sección de habilitación de nóminas (Área de persoal), con forma de provisión por concurso específico, para que AGACAL poida...