Novas por contido

Os medios de comunicación fanse eco estes días da paralización da Función Pública galega no referente aos procesos selectivos. Esta paralización que afecta aos procesos selectivos do ano 2008 foi denunciada innumerables veces pola CIG-Autonómica á vez que se facían as oportunas preguntas e se instaba á Administración a obrar con dilixencia nos foros de negociación e nos órganos da Función Pública da Administración autonómica.

Neste momento son especialmente graves os retrasos sufridos nos procesos selectivos para, Inspectores/as Urbanísticos/as, Subinspectores/as Urbanísticos/as, Conductores/as e Tractoristas, por poñer varios dos casos máis sangrantes.

Nestes últimos os opositores levan 6 meses dende que saíu a baremación definitiva e aínda non saben cando van tomar posesión sendo a convocatoria destas oposicións do ano 2006. ¡¡CATRO ANOS PARA RESOLVER UN PROCESO SELECTIVO!!

Respecto aos Inspectores/as e Subinspectores/as Urbanísticos/as acontece un feito extremadamente grave como é o desmantelamento progresivo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. Esta é un dos poucos entes autonómicos que conta unicamente con empregados/as públicos/as da Xunta de Galicia, un dos poucos que non pode merecer a cualificación de chiringuito, pois non ten potestade para contratar persoal propio.

O desmantelamento da APLU implicou o retraso nos procesos selectivos as escalas que dotan de persoal a esta Axencia, como é o caso de Inspectores/as e Subinspectores/as Urbanísticos/as. E non só o retraso, senón que os aspirantes atópanse agora con que das prazas ofertadas, no caso dos subinspectores/as para o acto de elección de destino do día 12 de maio, se retiran varias delas, alegando Función Pública un certificado da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, onde se asevera que esas prazas van ser obxecto dun cambio substancial e polo tanto non poden ser cubertas.

En realidade o cambio “substancial” que pretende esta consellaría é o de baleirar de contido a función inspectora destes postos ao clasificalos como de Arquitectos/as Técnicos/as de funcións facultativas.

A CIG-Autonómica quere manifestar o seu rexeitamento ás directrices políticas que implican tanto un desmantelamento da APLU como un menoscabo nos dereitos dos aspirantes que ven como un día antes e sen publicar no DOG, Función Pública a petición da CMATI retira eses prazas.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...