Novas por contido

No DOG do 05/08/2010 faise público o programa de materias que rexerá na convocatoria do proceso selectivo para o acceso á categoría 003, (Ordenanza. Celador/a. Vixilante oficinas. Vixilante nocturno/a. Vixilante. Subalterno/a. Porteiro/a. Recepcionista. Telefonista. Sereno. Garda. Garda xuramentado). do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, de acordo co establecido na disposición transitoria décima do V Convenio Colectivo Único.

Segundo o que establece a citada disposición transitoria, así como a Lei 7/2007, do 12 de Abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, iste proceso selectivo será obxecto dun proceso de consolidación de emprego.

Programa do proceso selectivo para o acceso á categoría 003 do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia

Parte común:

1. A Constitución española do 27 de decembro de 1978: títulos preliminar, I, II e o capítulo I do título III.

2. A Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, Estatuto de autonomía de Galicia: títulos preliminar e I.

3. A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística: títulos I e II.

4. A Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público: capítulo VI do título III.

5. O V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia: capítulos VI, VII e VIII.

6. Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes: títulos preliminar e II.

Parte específica:

1. A atención ao cidadán. Vixilancia e control das persoas que accedan ás dependencias administrativas. Reunións: preparación de locais.

2. Traballos con materiais e maquinaria de oficina: reprografía, destrución de documentación e tipos de papel.

3. A notificación das resolucións e actos administrativos: os artigos 58 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Tipos de envíos postais. Repartición de correspondencia.

4. Centrais telefónicas: concepto e características. Centrais telefónicas modulares e dixitais.

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...