Novas por contido

Ante as políticas de recortes sociais e supresión de dereitos dos traballadores e traballadoras decretadas polo Goberno, a Xunta de Persoal e o Comité de Empresa dos Servizos Centrais da Xunta de Galicia,

ACORDA APOIAR A CONVOCATORIA DE FOLGA XERAL PARA O VINDEIRO 29 DE SETEMBRO DE 2010, ESIXÍNDOLLE AO GOBERNO UN CAMBIO DE POLÍTICA QUE SUPOÑA:

•   A retirada dunha reforma laboral que:

  • Non vai servir para crear emprego
  • Non vai reducir a dualidade do mercado laboral.
  • Facilita e abarata o despedimento.
  • Reforza o poder empresarial para modificar unilateralmente as condicións de traballo
  • Privatiza a xestión do desemprego.

•   Defender a negociación colectiva como marco de protección das condicións de traballo, fronte aos intentos de lles atribuír ás empresas a capacidade de incumpriren os acordos alcanzados de forma unilateral.

• Garantir o sistema público de pensións como eixe central do noso sistema de protección social.

• Unha política que reduza o déficit público mediante o incremento dos ingresos e non só mediante a redución do gasto.

• Unha nova política fiscal que reforce a estrutura de ingresos do Estado, recuperando impostos suprimidos e apostando por unha maior recadación baseada na progresividade fiscal.

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...