Novas por contido

Dada a proximidade da renovación dos comités de empresa do persoal laboral da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria, desde a CIG-Autonómica queremos manifestar a necesidade  de lle outorgar ao profesorado de Relixión unha representación propia e separada nos comités de empresa da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria.

 

A diferencia do que sucede nos comités de empresa do persoal laboral de todas as outras consellarías, aos que corresponde a representación unitaria do persoal laboral da Xunta, no caso da C. de Educación está representado tamén o profesorado de Relixión,  asimilado para estes efectos ao persoal laboral.

Cómpre subliñar que o profesorado de Relixión presenta a peculiariedade de que non é  seleccionado de acordo aos principios contitucionais de mérito e capacidade no acceso ao emprego público. No caso do profesorado de Relixión Católica, trátase de persoal seleccionado polos bispos e arcebispos da Igrexa católica. Para as confesións non católicas que gozan de acordos de cooperación co Estado (a Comisión Islámica do Estado español,  a Federación de Entidades Relixiosas Evanxélicas e  a Federación de Comunidades Israelitas),  con presenza moi minoritaria, o sistema de selección é similar.

Tanto o Tribunal Supremo como o Tribunal Constitucional teñen recoñecido que o profesorado de Relixión ten un contrato de carácter especial, xa que son nomeados para cada curso académico por proposta da confesión relixiosa correspondente.  Por mor dese carácter singular da súa relación laboral, non se lles recoñece antigüidade por contratos anteriores, nin tampouco a condición de persoal fixo ou fixo-discontinuo.

Nas Administracións Públicas, danse distintas solucións no ámbito da representación sindical para o profesorado de Relixión. Así, hai Administracións que non admiten o profesorado de Relixión como candidatos, aos comités de empresa, por entenderen que a renovabilidade anual impide que reúnan a antigüidade mínima; outras Administracións, en cambio, admiten ao profesorado de Relixión como candidatos. 

A maioría das Comunidades Autónomas, incluíndo as veciñas Asturias e Castela-León, optaron pola solución que desde a CIG-Autonómica nos parece máis razoable: tanto por parte dos respectivos Gobernos autonómicos como das organizacións sindicais correspondentes acordouse a existencia de procesos electorais específicos para o profesorado de Relixión, para evitar que se distorsione a realidade da representación do persoal laboral, ao aumentar o tamaño dos colexios electorais e do número de representantes, sen que iso se traduza nunha mellor representación nin do colectivo do profesorado de Relixión, nin do persoal laboral dependente da C. de Educación e Ordenación Universitaria.

Por estas razóns, desde a CIG temos solicitado á Secretaría Xeral de Educación  que, de cara ás próximas eleccións sindicais, reconfigure o ámbito dos seus comités de empresa  co fin de que o profesorado de Relixión teña unha representatividade separada, entendendo que esta reforma é conveniente para mellorar a eficacia dos comités e  para lle outorgar ao persoal  laboral desta consellaría unha representación específica como existe no resto dos departamentos da Administración autonómica.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...