Novas por contido

Dende a CIG-Autonómica queremos denuncia un novo atropelo por parte do Xefe Territorial da Consellería de Traballo e Benestar, José Selas, que novamente esquece o dereito das traballadoras a conciliar a vida laboral e familiar e impide a unha traballadora gozar dun dereito fundamental, como é a licenza por lactación no tempo que a traballadora o solicita, inventándose ou interpretando unha norma de xeito sectario e ditatorial.

Este tipo de actitudes por parte deste señor non son novas, pero a súa escalada de incompetencia e chulería chega xa a momentos inaceptábeis, permitíndose o luxo de dicirlle a traballadora que “si non che gusta xa sabe, tes que ir ao xulgado e asunto arreglado”.



Este é o sistema de Benestar que tanto proclama o Partido Popular, acernar un dereito básico a unha persoa, como é o dereito ao permiso por lactación. Que será o próximo? Eliminar a baixa por maternidade?

Entendemos que este tipo de actuacións veñen dadas única e exclusivamente por a incompetencia e o complexo de superioridade de José Selas, pero tamén entendemos que existe outro tipo de responsabilidades que teñen que ser asumidas, responsabilidades que xa sexan por acción ou por omisión non poden seguir sen pedirse e que a Dirección Xeral da Función Pública terá que pronunciarse ao respecto, como garante do comprimento do Convenio Colectivo e as Leis de Función Pública.

Si fai uns días se denunciaba ao Sr. Selas pola incapacidade de xestión que ten, ao non cubrir prazas vacantes que existen na Escola Infantil “Antela” e que a día de hoxe, por moi grandilocuentes declaracións públicas que fixera, segue sen cubrirse, o que quere dicir que os nenos e as nenas non teñen a atención axeitada. Si fai uns meses eran os educadores e as educadoras do Centro de Menores “A Carballeira” as que facían unha denuncia en termos parecidos, denunciando a precariedade laboral na que se atopaban, parece que iso non bastou para que dende a Delegación Territorial da Xunta en Ourense ou dende a Secretaría Xeral da Consellería de Traballo se tomaran as medidas oportunas para poñer no seu sitio a este incompetente que teñen por Xefe Territorial.

Agora foi máis alá, ao impedirlle a unha traballadora o goce dun dereito fundamental, como é o permiso por lactación. Dende a C.I.G.-Autonómica esiximos ao Delegado Territorial, Rogelio Martínez,  ou a Secretaria Xeral da Consellería de Traballo, Cristina Ortiz, o cese inmediato do Xefe Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Ourense, así como a inmediata concesión do permiso por lactación, nos termos establecidos na Lei, e si non teñen o poder suficiente para enfrontarse a este señor, a súa dimisión como Delegado Territorial e Secretaria Xeral, xa que estarán a demostrar unha nula capacidade de mando.

Outras novas recentes

Venres, 05 Decembro 2025

A CIG alerta de que a falta de protocolos en Medio Ambiente pon a Galiza en risco real ante a peste porcina africana

A CIG-Autonómica denuncia ante a presidenta do Comité de Seguridade e Saúde Laboral que a Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático carece de protocolos claros, formación actualizada e medidas de bioseguridade para a manipulación, traslado e almacenamento de fauna salvaxe morta, pese ao risco real de transmisión de enfermidades como a peste porcina africana (PPA) ou...
Xoves, 11 Decembro 2025

Comisión de seguimento – Servizo de Gardacostas (10/12/25)

Resumo da reunión da comisión de seguimento do Servizo de Gardacostas do 10 de decembro no que se tratou a proposta de modificación da Orde de horarios e as carteleiras do primeiro semestre de 2026:1. Proposta de carteleiras  Logo do estudo das carteleiras para o primeiro semestre de 2026 constatamos enormes diferenzas entre bases. Con igual salario, o número de quendas,...
Venres, 05 Decembro 2025

A inspección de traballo actúa de novo no CIAM

A CIG interpuxo demanda ante a inacción da dirección do CIAM en PRLA Inspección de Traballo confirma que na unidade de lactación do CIAM existía desde 2019 – 2021 unha avaliación de riscos que xa identificaba o mal estado dunhas cubertas de fibrocemento e propoñía a súa reparación. A pesar diso, non se actuou durante anos, deixando ao persoal traballador exposto a diario a...