Novas por contido

Na última reunión da comisión de seguimento deste acordo, que tivo lugar o 18 de xaneiro, tratáronse os seguintes temas:

  • EPIS, formación e vehículos.
  • Asignación de pluses, RPT e reclasificación
  • Gardas localizábeis.


1º. EPIS, formación e vehículos. Rematou onte o concurso para a contratación de vehículos. Axilizarán o proceso o máximo posíbel para dispór deles canto antes. A roupa, entregarana a finais do mes de xaneiro. Solicítase maior calidade na roupa de traballo. No tocante á formación, o ano pasado Augas convocou un curso onde primou as horas teóricas, agora solicítase un curso para a gardería onde figuren horas prácticas.

2º. Asignación de pluses, RPT e reclasificación. Expúxose como está a situación actual con relación aos pluses que seguen sen aplicarse ao persoal de campo. Faltan os informes tanto da Función Pública como de Orzamentos. Ata o Comité Intercentros do Persoal Laboral solicitou información da situación na que se atopan ditos informes. A plataforma sindical solicitou máis presión por parte de Augas de Galiza aos departamentos que teñen que realizar os informes, éste manifestou que así o farán. A reclasificación faráse efectiva a partires do 1 de xaneiro de 2012, no momento da entrada da nova axencia. Según Augas, farán unha nova RPT onde recollerá os postos do novo ente, postos que corresponden ao persoal transferido. O persoal de campo de Augas unha vez transferido ao ente, conservarán as mesmas condicións laborais e económicas de hoxe en día, así como o dereito a participar en procesos tales como concursos de traslados.

3º. Gardas localizábeis. Está establecido no organismo que unha vez que xurde unha emerxenza tal e como un vertido, que o persoal que acude a comprobar dito vertido pertence a unha asistencia técnica, persoal que non ten permiso para entrar nas instalacións onde se está a efectuar o vertido, motivo polo que non poden facer o informe correspondente. A plataforma solicita que Augas elimine a asistencia técnica e que estableza gardas localizábeis para atender as saídas que haxa que realizar unha vez que remate a xornada ordinaria de traballo. Estudarán a proposta da plataforma, aínda que para o 2011 non é posíbel.

Queda establecida unha nova xuntanza no prazo máximo de 3 meses, tempo no que disporemos de máis novas sobor da nova Axencia Pública de Augas de Galiza.

Outras novas recentes

Venres, 12 Decembro 2025

Por unha lei de orzamentos que recupere dereitos e salarios para o persoal público

A CIG-Autonómica chama a unha concentración diante do Parlamento da Galiza o vindeiro martes 16 de decembro ás 11 horas pola defensa dunha lei de orzamentos que recupere dereitos e salarios para o persoal público. Denunciamos a situación de empobrecemento que sofre o persoal e o deterioro contínuo dos servizos públicos.Nos últimos anos, as políticas liberais impulsadas...
Luns, 15 Decembro 2025

Elección de destinos de SPIF

En relación ás eleccións de destinos de SPIF, na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario do luns 15 de decembro, a CIG manifestou o seguinte: Oferta de postos adxudicados en concurso de traslados En DOG 17/11/25 publican a resolución do concurso de traslados do spif. En DOG 12/12/25 convocan a elección de destino definitivo ás persoas que superaron varios...
Martes, 16 Decembro 2025

Adían as eleccións de destino definitivo do SPIF ata o 22 de decembro

Nunha nota informativa que nos veñen de enviar dende a DXEP e que tamén colgan na súa páxina, as eleccións de destino definitivo dos procesos pendentes do SPIF adíanse ata o día 22 de decembro. Reproducimos aquí o contido íntegro da nota: Eleccións de destino definitivo dos procesos selectivos vinculados ao Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da...