Novas por contido

Nunha recente xuntanza coa secretaria xeral de Traballo e Benestar obtívose a seguinte información sobre a futura Axencia Galega de Servizos Sociais:

A que se refire cando se fala de persoal en Réxime de dereito laboral? É o que marca a Lei.

O persoal laboral da Xunta que pasen a Axencia deixarán de rexirse polo Convenio Único? Teñen que falar con Función Pública, aínda non saben como vai a ser.

Poderá o persoal laboral concursar a outros postos antes de entrar na Axencia?. En principio si, pero teñen que falar con Función Pública.

Logo de estar na Axencia pode o persoal laboral da Xunta concursar a outros postos fóra da Axencia? Si, manteñen a condición de Persoal Laboral pero aínda non o sabe se poderán concursar.

Como vedes non sabe ou dí que non sabe nada ata que non se reúna con Función Pública e Orzamentos, xuntanza que debería ser nestes días e a partir desta xuntanza falarán coas organizacións sindicais.

O que si afirmou rotundamente foi o seguinte:

O V Convenio Colectivo Único para o Persoal Laboral da Xunta de Galiza non é operativo para a Axencia Galega de S.S. Para aplicalo non merece a pena facer a Axencia. Como vedes non será tan malo o Convenio como afirman algúns sindicatos, xa que o que queren é cambialo cunha cuestión fundamental: eliminar días libres.

Non van a pasar todos os Centros a vez, os primeiros en pasar serán as Escolas Infantís (tanto do Consorcio como da Xunta, non sabemos en que condicións). A CIG-Autonómica insiste na promesa electoral do Partido Popular de que as Escolas Infantís serían de Educación e que queremos que se cumpra esta promesa, ao que non contesta.

Os Centros de Menores non pasarán a Axencia Galega de Servizos Sociais polo que estes quedarán como unha illa en terra de ninguén xa que serán os únicos servizos sociais que non pasen a Axencia; como si Menores non foran Servizos Sociais.

Existirán unha rede única dentro da Axencia, polo que non existirá a dualidade Consorcio-Xunta, o que non nos explica é como se vai a producir esa integración nin en que vai a afectar ao persoal.

As listas de contratación serán conxuntas, pero manifesta que o Decreto 37/2006 non é efectivo e habería que cambialo, o que non explica é como se vai a levar a cabo esta integración. Puntúan os exames do Consorcio? E os da Xunta? E o tempo traballado nos dous sitios? Esta son cuestións fundamentais para todo o persoal que non teñen resposta desde Traballo e Benestar.

Dende a CIG-Autonómica manifestámoslle que non imos a permitir que se negociara fóra da Función Pública os estatutos da Axencia Galega de Servizos Sociais, tal e como pretenden outros sindicatos, para chegar a acordos sin que os/as traballadores/as se enteren. Desde a nosa política de transparencia desde este portal dixital,. seguiremos informado das novidades que se produzan, sin ocultar ningún tipo de información.

Outras novas recentes

Luns, 14 Setembro 2026

A CIG denuncia que a Xunta precariza o persoal formador en lingua galega

O deber legal de capacitar o persoal público en galego non pode depender de convenios temporais nin asentarse na precariedade laboral A CIG esixe a ampliación inmediata e con efectos retroactivos da xornada do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua, ao que a Xunta duplicou a carga de traballo dende o  1 de setembro. A sobrecarga pon en risco os...
Martes, 15 Setembro 2026

A Xunta de Galiza discrimina na carreira profesional ás súas traballadoras en redución de xornada por conciliación

A CIG denuncia que Facenda, por aforrar 2 pesos, incumpre toda a normativa de igualdade situándonos na prehistoria dos dereitos das mulleres traballadoras.Traballadoras da Xunta de Galiza veñen de ver  denegado o grao de carreira profesional por non acadar o tempo necesario para a súa concesión, alias a súa antigüidade na Administración fora máis que suficiente. Unha vez...
Luns, 21 Setembro 2026

Non á perda da axuda dos 180 € tras a estabilización

A CIG vén de solicitar a Función Pública que aquel persoal que supere un proceso de estabilización e que teña recoñecida a axuda por persoa con discapacidade do artigo 35 do V Convenio Colectivo da Xunta de Galiza non deixe de percibila. Entendemos que, como xa pasou co persoal laboral que se funcionarizou, o persoal que estabilizou deixará de percibir esta axuda e cando...