Novas por contido

1º de maio de 2011 en OurenseUnhas 1200 persoas manifestáronse coa CIG en Ourense este 1º de Maio para conmemorar o Día Internacional da Clase Traballadora. Con estas mobilizacións, convocadas baixo o lema "Polo emprego, non ás reformas do capital. Defendamos os nosos dereitos", o sindicalismo nacionalista e de clase galego rexeitou na rúa a política de recortes sociais que están a aplicar os distintos gobernos seguindo as directrices do capital.
Ás 12:15 da mañá saíu a marcha da CIG dende o Pavillón dos Remedios da cidade ourensá. Entre as pancartas numerosas reivindicación dos compañeiros e compañeiras que levan, durante este ano anterior, loitas sindicais de moi diversa índole. Podemos destacar a loita das traballadoras e traballadores da empresa téxtil "Vidrio" que levan cinco meses sen cobrar unha nómina, a loita das traballadoras e traballadores do centro de menores Montealegre que denunciaron un recorte de gastos tan brutal que provoca que os rapaces de protección de menores teñan dificultades para ter roupa, a loita dos traballadores do Centro integrado de formación profesional Santa María de Europa que están a ser despedidos e que deberan ser os encargados de formar aos milleiros de traballadores e traballadoras que están no paro na actualidade. O número de cursos para desempregados/as que se deberan estar dando no centro público tiña que ser de 41 e na actualidade tan so se están a dar 3 deles provocando que nesta provincia tan necesitada se perda unha inversión dun millón douscentos mil euros que son financiados directamente pola Unión Europea.

Tamén acudiron os compañeiros do Concello de Celanova que leven varios anos reclamando condicións dignas de traballo. A precariedade chega ata tal punto que o alcalde, propio doutras épocas, lles nega a posibilidade de ter un calendario de traballo anual a pesar de ter varias sentenzas firmes que lle obrigan a elo.
1º de maio de 2011 en OurenseCando rematou a manifestación o Secretario comarcal da CIG de Ourense, Etelvino Blanco, manifestou o erradas que están as políticas que se están a seguir tanto dende o goberno central como dende o da Xunta de Galiza que están a levar a nosa provincia a cotas record de paro con preto de 30.000 compañeiros e compañeiras apuntados nas oficinas do INEM. Ironizou dicindo que o propio presidente Núñez Feijoo, nas súas propias palabras, xa que declarou incompetente para arranxar o problema do desemprego no noso país e cualificou o plan Impulsa da Xunta de Galiza para a nosa provincia como un impulso cara o fondo e un impulso para que os nosos mozos e mozas colleran a maleta e se marcharan a emigración.
Etelvino Blanco tamén criticou o entreguismo das centrais estatais CCOO e UGT que van a asinar unha reforma das pensións que ataca claramente os intereses da clase traballadora. Unha sinatura provocada en grande parte pola falla de autonomía financieira destas organizacións que cambian os dereitos de todos e todas nós por cartos para manter os seus dirixentes, as súas cúpulas e as súas organizacións. Chamou tamén á rebelión ás bases de CCOO e UGT que romperon a unidade sindical para poñerse do lado do goberno e da patronal no momento en que máis os precisaba a clase traballadora.
Agradeceu tamén, en nome da CIG, a asistencia á manifestación dos compañeiros e compañeiros da CGT de Ourense.
Rematou o acto co himno galego e a internacional interrompido bochornosamente polos membros de CCOO e UGT que saíron en manifestación media hora máis tarde e que, con berros e golpes de bombo pretendían que a manifestación se disolvera para deixarlles paso. Foi o único incidente dunha manifestación modélica que logrou convocar case ao dobre de xente que a dos outros dous sindicatos.

Ourense, un de maio de dous mil e once

Fotos: Óscar Pinal


Outras novas recentes

Mércores, 09 Setembro 2026

A CIG advirte do risco de colapso dos cursos de galego da EGAP

A Xunta asigna dous cursos simultáneos de teleformación ao persoal da Secretaría Xeral da Lingua, cuxos postos son a media xornadaA CIG esixiu á Secretaría Xeral Técnica da Consellaría de Cultura, Lingua e Xuventude a ampliación inmediata e con efectos retroactivos da xornada do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua para garantir os cursos de...
Luns, 14 Setembro 2026

A CIG denuncia que a Xunta precariza o persoal formador en lingua galega

O deber legal de capacitar o persoal público en galego non pode depender de convenios temporais nin asentarse na precariedade laboral A CIG esixe a ampliación inmediata e con efectos retroactivos da xornada do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua, ao que a Xunta duplicou a carga de traballo dende o  1 de setembro. A sobrecarga pon en risco os...
Mércores, 09 Setembro 2026

Modificación RPT; datas actos de elección destinos; SPIF; oficinas emprego; finanzas (CP 09/09/26)

Á Comisión de Persoal do mércores 9 de setembro, foi como único punto da orde do día a proposta de modificación de varios postos na Relación de Postos de Traballo (RPT) das consellerías de Emprego, Comercio e Emigración, e de Presidencia, Xustiza e Deportes, a causa da execución de sentenzas de persoas que reclamaron destino definitivo no posto que ocupaban en provisional....