Novas por contido

No DOG de 01/07/2011 publícase a RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2011, do tribunal nomeado pola Orde do 4 de setembro de 2009 (Diario Oficial de Galicia número 179, do 11 de setembro) para cualificar o proceso selectivo de consolidación de emprego para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, pola que se dá publicidade das puntuacións provisionais obtidas polos aspirantes que presentaron a documentación relativa á fase de concurso.

As persoas aspirantes poderán presentar reclamación contra a baremación ante o propio tribunal no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia

Accede ao listado


Outras novas recentes

Mércores, 09 Setembro 2026

Modificación RPT; datas actos de elección destinos; SPIF; oficinas emprego; finanzas (CP 09/09/26)

Á Comisión de Persoal do mércores 9 de setembro, foi como único punto da orde do día a proposta de modificación de varios postos na Relación de Postos de Traballo (RPT) das consellerías de Emprego, Comercio e Emigración, e de Presidencia, Xustiza e Deportes, a causa da execución de sentenzas de persoas que reclamaron destino definitivo no posto que ocupaban en provisional....
Martes, 15 Setembro 2026

A Xunta de Galiza discrimina na carreira profesional ás súas traballadoras en redución de xornada por conciliación

A CIG denuncia que Facenda, por aforrar 2 pesos, incumpre toda a normativa de igualdade situándonos na prehistoria dos dereitos das mulleres traballadoras.Traballadoras da Xunta de Galiza veñen de ver  denegado o grao de carreira profesional por non acadar o tempo necesario para a súa concesión, alias a súa antigüidade na Administración fora máis que suficiente. Unha vez...
Mércores, 09 Setembro 2026

A CIG advirte do risco de colapso dos cursos de galego da EGAP

A Xunta asigna dous cursos simultáneos de teleformación ao persoal da Secretaría Xeral da Lingua, cuxos postos son a media xornadaA CIG esixiu á Secretaría Xeral Técnica da Consellaría de Cultura, Lingua e Xuventude a ampliación inmediata e con efectos retroactivos da xornada do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua para garantir os cursos de...