Novas por contido

Na Comisión de Persoal do mércores, 20 de xullo, levouse a RPT e o concurso de persoal veterinario, RPT de Augas de Galiza e varias convocatorias de procesos selectivos (corpos xerais, informática, letrados). Todas estas convocatorias foron aprobadas só coa parte da Administración, fuxindo de calquera negociación, que se negou en redondo a tomar en consideración ningunha achega sindical.

Fora da orde do día  tamén informaron o que era xa crónica dunha morte anunciada: no 2011 non haberá convoctorias da promoción interna da OPE 2009.

RPTs de persoal veterinario e orde de convocatoria do concurso de traslados

A CIG vota en contra en ambos puntos e as razóns do sentido do noso voto son:

1) Polo incumprimento continuado do recollido no acordo de mellora dos servizos veterinarios oficiais da Xunta de 2008.

2) O desacordo co que non se negocie o decreto de funcións do persoal veterinario nín as condidicións de traballo dos postos da Consellería do Mar previamente á reforma da Relación de Postos de Traballo que a orde lóxica tería sido primeiro reformar o decreto de funcións, despois as RPT e, por último, convocar o concurso de traslados.

3) Porque as Rpts modifican aspectos tan importantes como o ambito de actuación do persoal sen negociación previa

4) O desacordo con que se manteñan requisitos imprescindibles e méritos, e en concreto na Consellería de Sanidade se manteñen méritos en tódolos postos incluídos os postos base, o que impide que no concurso todo o persoal veterinario poda ir a tódolos postos en condicións de igualdade, como corpo único que son.

5) O desacordo con que queden postos en nivel 22 xa que tódolos postos teñen funcións de inspección e polo tanto son todos de inspectores/as e todos deben ter as mesmas condicións (nivel 24) incluídos os que se crean na DX de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais e na DX de Conservación da Natureza.

6) O desacordo co que o persoal veterinario do futuro Servizo de Inspección Veterinaria dependa do Gardacostas, que tódolos postos se creen en Santiago e que non se negocie previamente as súas funcións e as condicións de traballo o que causa unha incerteza para as persoas que participen no concurso e que queiran ir a eses postos.

Por último manifestamos para que quede constancia na acta da reunión, que a CIG quere que se convoque o concurso de traslados do persoal veterinario despois de tantos anos, pero non a calqueira prezo, sen negociación previa de aspectos tan importantes como os anteriormente mencionados.

De tódalas maneiras queda aprobado pola Administración, independentemente dos votos negativos de tódalas OOSS no caso das RPTS, o voto negativo da CIG à convocatoria do concurso, abstención de UGT e votos a favor de CCOO e CSIF.


RPT de Augas de Galiza

Créanse 11 postos de persoal funcionario da Xunta de Galiza.

As outras centrais sindicais tamén votan a favor, excepto o CSIF que considera que o persoal que xerou eses postos é consolidable.


Convocatoria procesos selectivos para os corpos xerais, escalas de informática, subgrupos A1, A2

No caso do A1 cambian a data de referencia do primeiro exercicio, que pasa de ser 1/12/2011 a 1/11/2011. Este cambio é negativo para os opositores. Non hai ningún outro cambio de importancia.

Sobran argumentos para votar en contra:

  • Segue a ser oposición en troques de concurso-oposición.
  • A promoción interna non chega ao 50% e non é separada da libre.
  • O exáme de inglés é obrigatorio mentres que o de galego non (CELGA). Non eximen do inglés a quenes teñan un certificado de competencia.
  • O exercicio que menos puntua é precisamente o mais obxectivo (test).
  • O temario non o tocan, estando cheo de inconcrecións (non indican a versión ou revisión no software materia de estudio).


No caso do A2 admiten das nosas alegación simplemente o ampliar 5 minutos o tempo do primeiro exercicio, que pasa de 120 a 125. Igual que en A1, adiantan un mes a data de referencia para o primeiro exercicio, que pasa a ser o 1/11/2011.

No caso dos temarios tampouco aceptan ningunha alegación sendo aínda máis grave porque o temario vai nas propias bases (no A1 foi publicado con anterioridade), polo que poderían perfectamente concretar as versións e revisións dos distintos softwares a estudar.

As outras organizacións sindicais tamén votan en contra.

Convocatoria proceso selectivo para a escala de Letrados

Engaden data de referencia para o primeiro exercicio (na versión anterior non aparecía, cousa que se nos pasou), pero a poñen para o 1 de novembro (en corpos xerais, é o 1 de decembro).

Votamos en contra por:

  • Non é concurso-oposición.
  • A promoción interna non é do 50% nin é separada.
  • Non hai vontade de entrar a revisar o temario que é do 2007 (falo de revisar para actualizar, non para reducir).Todas as probas son subxectivas (dous exames orais e dous exames con lectura).
  • Non aceptaron a nosa proposta de substituir un dos exámes orais por un test, nin eliminar a lectura nos dous escritos (dixemos que recoñeciamos a necesidade de valorar a expresión oral para este corpo, pero que con un so exame oral abondaba).


As outras organizacións sindicais tamén votan en contra.

Convocatoria procesos selectivos para os corpos xerais, subgrupos A1, A2 e C2

Non fan ningún cambio na forma de acceso (segue oposición), nin no idioma, nin aparece a nota de corte, non hai membros dos tribunais propostos pola parte social, non hai referencias a que a EGAP elaborará temarios (comprometeranse na xuntanza do 31/05/2011), nos temarios apenas hai cambios. Os tipos de probas son as mesmas, no A1 (un test, un suposto práctico escrito e un tema con lectura, os tres coa mesma puntuación [20 puntos]). No A2 demandabamos a redución do temario, e non fixeron caso (mais ben semella que aumentaron).

No caso do C2 tampouco admiten o concurso-oposición, a proba de galego non é obrigatoria volven a cambiar a versión informática e non eliminan o MS Office nin as pregunas de informática para o exame test.

As outras organizacións sindicais tamén votan en contra.


Outras novas recentes

Venres, 24 Outubro 2025

A CIG reclama unha suba do 5% para o persoal empregado público e unha cláusula de garantía salarial vinculada ao IPC

A Área Pública da CIG (Administración, Ensino e Saúde) vén de iniciar a recollida de sinaturas da Proposición Non de Lei (PNL) para blindar por lei a revalorización salarial na administración xeral, o ensino e a sanidade  A Área Pública da CIG  compareceu en rolda de prensa este luns para reiterar as demandas para garantir a recuperación da capacidade adquisitiva do...
Luns, 27 Outubro 2025

Sentenza histórica! O Supremo obriga a incluír nas pagas extras as gardas, nocturnidade, domingos e festivos

A CIG-Autonómica esiximos á Xunta de Galiza que aplique de oficio a sentenza do Tribunal Supremo nº 820/2025, do 25 de xuño, e que retribúa de forma completa e con carácter retroactivo os complementos salariais polas gardas, quendas, nocturnidade, domingos e festivos. O Tribunal Supremo vén de establecer que cando as gardas, nocturnidade, domingos e festivos ou...
Luns, 20 Outubro 2025

Promoción interna a corpos xerais. Modificación RPT Evo-Traballo social (para CP 21/10/25)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 21 de outubro, para a aprobación dos seguintes puntos: Promoción interna de corpos xerais Bases da convocatoria de promoción interna separada ao corpo superior-A1. Descargar Bases da convocatoria de promoción interna separada ao corpo de...