Novas por contido

Na xuntanza do pasado martes, 19 de xullo, Sanidade calou aínda que insisten en que "nos contestarán" ás múltiples denuncias de irregularidades en materia de persoal. Como sempre, foron moitas as alegacións e poucas os cambios realizados e como sempre a xustificación do contexto económico serviu de rodillo para impoñer a vontade da administración. Unha vontade, coma sempre, que en moitos casos non se debe só a cuestións de austeridade.

Alegacións que aceptan:

  • Aceptan a nosa alegación de non amortizar os 14 postos de inspectores farmacéuticos de saúde pública que tiñan previsto, din que despois de ver as nosas alegacións e de recibir ao colectivo tomaron esa decisión. Lembramos que a única intención desta modificación era amortizar determinados postos base para subirlle o nivel a determinadas persoas que ocupan determinadas prazas e non mellorar os servizos.

  • Con relación aos postos de Tarxeta Sanitaria, a Administración xustifica o seu cambio de horario a xornada de mañá e tarde porque din que teñen que dar servizo aos centros de saúde pero acéptase engadir a coletilla de "cando sexan vacantes" para non modificar  as condicións de traballo das persoas que actualmente ocupan ditos postos.

  • Nos postos de grupo A nivel 20 establecen como mérito (en vez de requisito imprescindible) o título de licenciado/a en dereito.

  • A praza AC030003-Titulado superior I-categoría IV pasa a ter a denominación de Técnico deportivo, grupo I-categoría I.

  • Modifican a denominación de 3 postos de nível 22 no laboratorio de saúde pública de A Coruña.

  • Seguen insistindo en esixir como requisito indispensable o coñecemento ou experiencia en sistemas de información de ámbito sanitario para as prazas de xefaturas de sección da Subdirección de sistemas de información.

  • Manteñen os postos de xefatura de servizo e de sección na Subdirección de Obras e Investimentos abertos a arquitectos/as e enxeñeiros/as; xustifícano porque estes non asinan os informes e din que non o van mudar. O mesmo con dúas seccións de informática que lle poñen experiencia neses postos, ante as nosas alegacións indican que o Sergas produce o 60 % das transaccións electrónicas da Xunta e que noutras consellarías tamén teñen postos similares con requirimentos iguais e con menos xustificación.

  • Con respecto aos pluses informan de que o contexto económico non permite ampliar máis dos que xa están recoñecidos a pesares de que insistimos en que é discriminatorio que xente que fai o mesmo traballo e correndo os mesmos riscos no caso dos pluses de toxicidade e perigosidade, uns os cobren e outros non, como por exemplo nos laboratorios. Indicando que haberá que ir ao xulgado entón para que a Administración cumpra coa súa obriga de pagalos.

  • En canto á nosa denuncia das irregularidades pola presenza de persoal estatutario ocupando postos inexistentes na consellaría aseguran que están elaborando unha contestación por escrito que nos farán chegar, pero que ese tema non afecta ou non ten que ver coa RPT.

Nós indicámoslles que o número de casos dos que temos constancia supera os 60 e iso distorsiona gravemente a RPT da consellaría e supón que de non terse en conta estes casos a RPT resultante é unha RPT fraudulenta e que nos fagan chegar coa maior brevidade a contestación (incluíndo a relación dos casos referidos) porque a nosa postura ante esta modificación está condicionada pola aclaración destas irregularidades e a creación dos postos necesarios na RPT, para que se poidan prover legalmente.


En turno de palabra, a CIG alega o seguinte:

  • En primeiro lugar, protestamos pola escasez de tempo para ver a última documentación que nos remitiron, xa que chegou o día anterior á reunión sen apenas tempo para preparala.

  • Preguntamos cando van efectivizar o decreto que inclúe a desaparición das direccións provinciais e indican que se vai facer progresivamente, segundo eles a da Coruña xa será este ano, que é a que está máis avanzada, que isto leva un tempo e que teñen que seguir así de momento.

  • Indicamos en que non estamos dacordo con que os postos de nível 22 sexan de LD e  que, en todo caso, deben de xustificalo. A consellaría insiste que están totalmente xustificados xa que se trata do equipo central de inspección e que por ese motivo está xustificado. Indicámoslles tamén que isto pode provocar unha acción legal.

  • Preguntamos pola limitación que existe para o persoal da Lei 17 de acceso a distintas prazas e solicitamos á consellaría que non se lle limite o acceso ás prazas das que teñan titulación para permitir así o movemento entre este persoal. A Consellaría dí que non ten coñecemento disto e nos solicita que lle remitamos casos concretos e que se comprometen a estudalos e darnos unha resposta e posible solución, dín que non teñen interese en perxudicar os intereses ou a mobilidade de ningún colectivo. Nós comprometémonos a remitirlles informacións sobre eses casos concretos.

  • Con respecto aos pluses insistimos en que hai sentenzas e informes de avaliación de riscos que xustifican o seu pagamento. Pídense para todos os postos de similares características.

  • Solicitamos de novo ter coñecemento das sentenzas que deron lugar á creacións de postos por fraude de lei.

  • Con respecto aos laboratorios de saúde pública preguntamos por qué, se non saben nada ao respecto, se reunen cos traballadores. Pedimos que nos informen de que vai pasar cos laboratorios e co persoal que traballa neses centros. Insisten en que non nos din nada porque aínda non saben nada....recordámoslle de todos os xeitos que moitas desas prazas van a concurso e posteriormente a consolidación de emprego e que teñen que ter en conta eses datos antes de facer ningún movemento. Tamén esiximos que se a reorganización que pretenden facer lles vai afectar aos traballadores nos informen canto antes das súas pretensións. Seguen insistindo en que non saben aínda como se vai levar a cabo e que, en todo caso, nos informarán no seu momento.

  • Insísteselles, por último, sobre o tema das irregularidades que se denunciaron (máis de 60 postos ocupados por estatutarios agochados, dous altos cargos que non teñen a categoría profesional requirida, un posto de gabinete ocupado por unha funcionaria, interinos/as permanentes, etc.) que si é o lugar adecuado para falar disto, xa que todo isto ten consecuencia directa sobre a RPT.


Outras novas recentes

Martes, 04 Agosto 2026

Adxudicacións de destinos (esc. sociais e infantís, pers. aux. coidador), cesamentos de persoal temporal e carreira (CP 31/07/26)

Ademais de tratar os asuntos da orde do día, nesta xuntanza, após a nosa protesta, quedou fixado o 21 de outubro para comezar a negociar o acordo do PND. Repetimos a petición de que se dean destinos adaptados para persoal con discapacidade intelectual; preguntamos pola toma de posesión para corpos xerais e escalas sociais o mesmo día 15 de setembro e por se nas escalas de...
Martes, 04 Agosto 2026

Caos —de novo— nas nóminas de Medio Rural

Máis de 50 compañeiras e compañeiros ven como a Administración lles desconta máis de 1000 euros nas nóminas de xullo.  O caos na xestión das nóminas do persoal de Medio Rural volve quedar en evidencia. Nesta ocasión, máis de 50 axentes ambientais da provincia de Pontevedra sufriron descontos superiores aos 1000 euros na nómina de xullo baixo o concepto «Específico...
Martes, 04 Agosto 2026

Que vaia facendo balance quen asinou este simulacro de plan de igualdade!

A CIG reclama o rexistro retributivo, imprescindíbel para analizar a fenda retributiva entre mulleres e homes.No mes de xuño a CIG solicitou o rexistro retributivo do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma do ámbito subxectivo do I Plan de Igualdade da Xunta de Galiza, que afecta a máis de 26.000 persoas.A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración do Persoal...