Seguindo coa súa política manipuladora Medio Rural fai un comunicado na súa páxina web xusto cando os Axentes Forestais da Galiza estamos a ter unha asemblea multitudinaria en San Caetano. Do comunicado cheo de trolas e manipulación temos que denunciar:
Non hai “diálogo aberto”, razón pola que as Organizacións Sindicais solicitamos de xeito conxunto, unha vez máis, a convocatoria urxente da Comisión de Seguimento do Acordo e tivemos unha asemblea de Axentes Forestais o venres 4 cunha grande afluencia.
O mércores, o Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, veu a Ourense a unha presentación na Universidade ,e logo de paso, foi a tomar uns pinchos e para acompañalo avisaron os/as xefes/as de Distrito así como algún Axente Territorial de Conservación da Natureza. Non houbo ningunha xuntanza cos traballadores axentes forestais que participaron na vaga de lumes de outubro (razón pola que supostamente se fixo o convite) nin dos seus representantes legais en Ourense, ao contrario do que se afirma na páxina web.
Sobre a valoración, que se fixo neses pinchos, das causas da elevada actividade incendiaria, non había ningún axente do SPDCIF nin das Brigadas de Investigación de Incendios Forestais (BIIF) para facer dita análise.
No apartado onde Medio Rural resposta supostas demandas laborais dos axentes, temos que dicir que non son ás prioritarias e reflectidas nos escritos presentados polas organizacións sindicais representativas. Ademais continúase con trolas no comunicado como que “tódolos axentes teñen número de identificación” cando hai máis de 100 axentes que a día de hoxe teñen que por os seus datos persoais para facer unha denuncia.
Outra cuestión que plantexa Medio Rural son as compensacións polos servizos extraordinarios, do 18 ao 24 de outubro. Nós non pedimos esmola ningunha, traballase arreo e na dirección de extinción de incendios o exceso horario non foi so neses días...A prioridade dos traballadores é a dignificación laboral dos axentes forestais e axentes facultativos ambientais, incluído o desfase salarial que fai que os axentes da Galiza sexan os peor valorados do estado español e os que teñen maior responsabilidade e funcións.
Aclarámoslle tamén, ao Conselleiro e demais directores, unha vez máis, cales son as denuncias e demandas dos seus axentes forestais e facultativos ambientais, ratificadas na Asemblea do venres 4 de novembro:Redacción de Novo Acordo de Condicións de Traballo dos Axentes Forestais e Axentes Facultativos Ambientais.
Cobertura urxente das vacantes e permisos e baixas de longa duración (esta sen cubrir ata o 30% plantilla).
Remate dos procesos selectivos pendentes así como convocatoria dos novos, integración no C1 e convocatoria do novo proceso selectivo previsto na OPE 2009.
Medios materiais, credenciais, protocolos de prevención, seguridade e salvamento, protocolos de traballo. Regulamento da escala de Axentes Facultativos Ambientais.
Cuestións pendentes coma a dos axentes adscritos ao Servizo de Conservación e a súa asignación ilegal a incendios así como falta de material e vestiario e conflictos competenciais con outro persoal. Volver a montar e dar o seu valor as Brigadas de Investigación de Incendios Forestais.
COA CIG NA LOITA EN DEFENSA DO MANTEMENTO DOS SERVIZOS PÚBLICOS!
Información da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, do 20/10/26: Nomeamento das escalas convocadas a escoller destino no DOG 30/09/26 (limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc, que agrupou 18 convocatorias de procesos selectivos: afirma a DXEP que publicarán a resolución co nomeamento e destino adxudicado no DOG do 30/10/26. En canto á data de toma de...
No DOG do 13/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2025, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade....
A documentación do anteproxecto da Lei de Medidas para 2027 chega o martes 13 ao mediodía, reunímonos o mércores 14 e o xoves 15 xa vai á Comisión de Persoal. A pesares de pedir adiamento por este motivo négase a mudar de data! Que negociación é esta? Unha farsa! Sen tempo para estudar, consultar co persoal nin presentar alegacións. Convocan mesas para cubrir o expediente...