Novas por contido

Achéganos a Administración unha convocatoria para a modificación da RPT do Instituto Galego de Estatística. A falta dun estudo máis detallado e consular cos traballadores e traballadores trátase dunha modificación sinxela. Pretenden crear un novo posto de "enquisador/a" co orzamento de dúas prazas vacantes de posto base C2. Porén, non achegan balance económico.

Por outra banda, pretenden abrir unha praza da escala de técnico/a estatístico/a a outras administracións. E volta a comezar... seguimos abrindo prazas a outras administracions sen garantir que se cumpra o criterio da reciprocidade e o límite do 5%. Función Pública mentres négase a darnos datos globais destas prazas e exclúe ademais dese 5% ás LDs.

Descarga a documentación

Outras novas recentes

Mércores, 05 Novembro 2025

Proposta de modificación RPT Adminstración Xeral e Especial. Postos con contacto habitual con menores (M.X. 07/11/25)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal vén de convocarnos para unha Mesa Xeral de Persoal Empregado Público para o vindeiro venres 7 de novembro na que como único punto da orde do día traen a proposta de modificación da relación de postos de traballo (RPT) da Adminstración Xeral e da Admisitración Especial da Comunidade Autónoma de Galiza. A...
Mércores, 05 Novembro 2025

Concursos de traslados de varias especialidades (C1, C2 e agrupación profesional): relación provisional de admitidas

No DOG do 05/11/2025 publican a RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de varias escalas e especialidades do corpo de axudantes de carácter facultativo de...
Venres, 07 Novembro 2025

Novas do concurso de corpos xerais e incendios (SPIF)

Recibimos comunicación da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal na que nos informan do seguinte: Concurso de traslados de corpos xerais: O venres 14 de novembro publicarán no DOG a Resolución coa listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas. Concurso de traslados de escalas do SPIF (servizo de incendios): O luns 17 de novembro publicarán en...