Novas por contido

O tribunal do proceso selectivo para o acceso ao subgrupo A2 da escala de xestión de sistemas de información publicou a Resolución de 8 de novembro de 2011 pola que se fai pública a data, hora e lugar do primeiro exercicio. Na dita resolución non se recollía a relación de persoas aspirantes con dereito a conservación de nota incorporada ás bases a consecuencia da reclamación presentada pola CIG.

Logo do pedimento da CIG, tendo en conta das dúbidas suscitadas polos aspirantes, vén de publicarse na páxina web de Función Pública a relación de aspirantes con dereito a conservación de nota.

Ligazón á web de FP (listaxe con conservación de nota)


Outras novas recentes

Martes, 22 Xullo 2025

O noxento complemento específico do persoal das asesorías xurídicas e da escala técnica e superior de finanzas segue o seu trámite!

Sen ningún tipo de negociación, sen achegar nin un só documento que indique en que se modificou substancialmente o traballo das asesorías xurídicas, intervencións e xefaturas de servizo ocupadas polas escalas superior e técnica de finanzas, a suba a través do complemento específico de entre 3.500 € e 6.100 € segue adiante, sen pudor nin rubor. Créase unha pseudocaste…...
Mércores, 23 Xullo 2025

A titulación do persoal de cociña esgánaselle a Función Pública

Diante das incoherencias da Administración galega acerca de cal vai ser a titulación que se recoñeza para acceder aos procesos selectivos das categorías de cociña, a CIG solicitou resposta escrita á Dirección Xeral de Función Publica e Administración do Persoal, polo cambio introducido nas recentes convocatorias dirixidas ó persoal das cociñas da Xunta, e especialmente á...
Martes, 22 Xullo 2025

Convocatoria de concurso de traslados de escalas facultativas (escalas sociais)

No DOG do 22/07/2025 publican a RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo superior, escala de facultativos/as, especialidades de medicina, de psicoloxía e de pedagoxía; do corpo facultativo de grao medio,...