Novas por contido

Xornada técnica de incendios organizada pola CIG-Autonómica de Lugo, in memoriam de Quique Casanova, prezado compañeiro falecido nun incendio forestal. 

A xornada terá lugar o xoves 26 de xuño de 2025 no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo. Dará comezo ás 9.30 h, e a súa clausura está prevista para as 14.30 h. O aforo é libre, previa inscrición no enderezo secorganizacionlugo@galizacig.gal.

O programa contará con relatorios que tratarán de preto a extinción de incendios forestais na Galiza, a prevención de riscos, o comportamento extremo dos incendios e a análise dos accidentes, como o sufrido polo compañeiro homenaxeado.

 

Outras novas recentes

Venres, 20 Xuño 2025

Aire acondicionado no Consorcio: teremos que esperar a outra pandemia ou á emerxencia climática?

Denunciamos o maltrato institucional a persoas anciás e crianzas e o incumprimento da normativa en Prevención de Riscos Laborais para o persoal traballador Moitas das escolas infantís da rede Galiña Azul e os Centros de Atención a Persoas Maiores (CAPM) xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar carecen de sistemas de climatización. Estes días de...
Luns, 16 Xuño 2025

Modificación da RPT de Emprego

Antes de comezar queremos salientar que gran parte dos males e agravios que se derivan desta modificación da RPT son froito dunha xestión nefasta por parte da consellería e da DXEP, que tal e como se lles indicou NON TIÑAN QUE TER RETIRADO OS POSTOS DO CONCURSO DE TRASLADOS. Lembramos que se lles fixo notar que en último caso se podía prorrogar en 15 días o prazo para a...
Mércores, 25 Xuño 2025

Nova etapa para o persoal do Parque Nacional Illas Atlánticas

Grazas a un intensivo traballo sindical da CIG o persoal do PN das Illas Atlánticas regula e mellora notablemente as súas condicións de traballo.  Dende a transferencia á Xunta en 2008, o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galiza (PNIAG), no que atinxe ás condicións laborais dos seu persoal, permaneceu nunha densa néboa a través da cal a Consellaría de Medio Ambiente...