Novas por contido

Desde a CIG facemos un chamado a converter este 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, nunha xornada de mobilización contra a precariedade e a desigualdade, para reivindicar traballo digno e sermos na Galiza un pobo con dereitos.

MOBILIZACIÓNS DA CIG NESTE 10 DE MARZO

  • Ferrol (actos centrais): ás 11:30h, ofrenda floral no Monumento ao 10 de marzo. Ás 20h, manifestación con saída do local da CIG en Esteiro.
  • A Coruña: ás 20h, manifestación dende Praza de Vigo.
  • As Pontes: ás 20h, concentración, na Praza de América.
  • Carballo: ás 19h, concentración na Praza do Concello.
  • Cee: ás 20h, concentración na Praza 8 de Marzo.
  • Compostela: ás 19:30h, manifestación dende a Praza Roxa.
  • Lugo: ás 20h, manifestación con saída do local sindical (Ronda da Muralla, 58).
  • Monforte: ás 20h, concentración na Praza de España.
  • O Barco: ás 19:30h, concentración na Praza do Concello.
  • Ourense: ás 19h, manifestación dende a Casa Sindical (Parque de San Lázaro).
  • Pontevedra: ás 19:30h, manifestación, con saída da Praza da Peregrina.
  • Vigo: ás 19h, manifestación desde A Dobrada.
  • Vilagarcía: ás 19:30h, concentración na Praza de Galiza.
  • Viveiro: ás 19h, concentración na Praza Fonte Nova.
     

Nesta data na que se conmemoran as mobilizacións protagonizadas pola clase traballadora galega en 1972, durante as que foron asasinados en Ferrol pola policía franquista, os traballadores da antiga Bazán, Amador Rei e Daniel Niebla, as demandas de liberdade, contra a precariedade das condicións laborais, por salarios xustos e pola defensa da negociación colectiva en Galiza seguen vixentes e son de actualidade.

Nun contexto marcado polo empobrecemento xeneralizado, os baixos salarios e as desigualdades impostas polas políticas neoliberais e as últimas reformas laborais, a mobilización convértese no camiño necesario para dar resposta a esta crúa realidade, porque alén das cifras macroeconómicas, o continúo medre da carestía da vida dificulta cada día máis facer a compra e acceder a unha vivenda digna.

Todo isto ademais nun contexto de forte presión do capitalismo para afondar as políticas máis neoliberais e máis depredadoras a calquera custe e buscando criminalizar con esta fin toda resposta social e tamén nunha situación internacional marcada pola ofensiva imperialista encabezada polos Estados Unidos con toda a súa maquinaria de guerra e destrución

Por todo isto, desde a CIG instamos á mobilización social e á construción de poder popular para poder avanzar en dereitos, conseguir dos Gobernos políticas alternativas e facer real o chamado da CIG neste 10 de Marzo: na Galiza, traballo digno, pobo con dereitos.

 

Outras novas recentes

Venres, 27 Febreiro 2026

Feministas e combativas, en loita pola nosa dignidade. Este 8 de Marzo mobilízate coa CIG

A central convoca unha manifestación nacional en Compostela, con saída ás 11:30h da estación intermodal. Este 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres Traballadoras, a CIG ten convocada unha manifestación nacional que sairá ás 11:30 horas da estación intermodal de Compostela baixo o lema «Feministas e combativas. En loita pola nosa igualdade!». Cento dezaseis anos...
Luns, 09 Marzo 2026

Centos de mulleres mobilízanse coa CIG en Compostela ao berro de «feministas e combativas, en loita pola nosa dignidade»

A central reivindica o contido de clase e a orixe que deu lugar ao 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres Traballadoras  L4UdCkHQcPo   Ao berro de «Feministas e combativas, en loita pola nosa dignidade», centos de mulleres participaron este domingo en Compostela na manifestación convocada pola CIG con motivo do 8 de Marzo. Unha data de reivindicación e loita porque, a...
Luns, 09 Marzo 2026

Diante das mentiras... datos, feitos, datas, probas

wpYK4a72WuI Diante das mentiras... datos, feitos, datas, probas. Non deixes que te enganen. A CIG sabe moi ben de que lado está: a carón das traballadoras e traballadores. Nota: cando no video fala de que hai 6 sindicatos con presenza na Mesa Xeral (CIG, ELA, LAB, CCOO, UGT e CSIF), refírese á Mesa Xeral de Administracións Públicas no ámbito do Estado. En Galiza tamén temos...