Chamamos a todo o persoal a participar nas concentracións convocadas contra o Decreto 40/2026, que modifica o 37/2006 de listas de substitucións. Aféctanos a todas e todos, no só ás persoas que están nas listaxes: falta de coberturas, denegación de permisos, vacacións... vai ligado a este despropósito. Esta é una modificación que recorta dereitos, limita as posibilidades de mellora laboral e impón condicións cada vez máis precarias e inxustas ao persoal interino e temporal da Administración Autonómica.
Non podemos permitir que a falta de planificación da Xunta se traduza en máis presión, menos garantías e peores condicións para as traballadoras e traballadores. A eliminación da mellora de emprego, os chamamentos urxentes con prazos mínimos, a suspensión automática nas listas ou a imposición exclusiva dos medios electrónicos son medidas inaceptables.
É o momento de responder colectivamente e defender os nosos dereitos, a conciliación, a estabilidade laboral e uns servizos públicos dignos.
Participa nas concentracións do martes 26 de maio ás 11:00 horas.
- Pontevedra: Edificio Administrativo Xunta de Galicia (Campolongo)
- Vigo: CRAPD 1-Meixoeiro
- A Coruña: Edificio Administrativo Monelos
- Lugo: Edificio Administrativo Xunta de Galicia (Rolda da Muralla)
- Ourense: Edificio Administrativo Xunta de Galicia (Casa de Chocolate)
- Ferrol: Edificio Administrativo Xunta de Galicia
- Compostela: Edificio Administrativo San Caetano ( explanada de arriba)
Asina en https://change.org/decreto40-2026

