Novas por contido

No DOG do 19/05/2026 publican o DECRETO 40/2026, do 18 de maio, polo que se modifica o Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza.

A modo de resumo estes son os principais cambios:

  • Elimínase de súpeto a posibilidade de chamamentos por mellora de emprego. As persoas traballadoras non só non poden acceder a unha praza vacante unha vez que acepten un posto, senón que a maiores tampouco poderán acceder a outro posto doutra categoría/escala superior ao que poideran ter dereito impedindo as posibilidades reais de conciliación e a progresión profesional. Equipar de facto por exemplo un contrato de días por un permiso coa posibilidade de optar a un posto vacante é unha ABERRACIÓN. 
  • Empregarase un sistema de chamamento extraordinario no caso de que concorra unha situación xustificada de urxencia e necesidade inaprazable na cobertura de determinados postos para evitar graves prexuízos no funcionamento e/ou prestación do servizo público. No caso do persoal do SPIF este sistema será o empregado dende o 01 de marzo ata o 31 de outubro de cada ano.
  • No caso de chamamentos urxentes disporase de menos de 24 horas para atendelo (ata as 23:59 horas do día que se recibe).
  • Afóndase no uso dos medios electrónicos: chamamentos por SMS para cobertura de postos de urxente cobertura, credencias electrónicas, enderezo para comprobar a adxudicación dos postos….
  • Redúcese a penalización no caso de rexeitar ou renunciar a un posto dun ano a seis meses e non existirá penalización ao renunciar a un posto con xornada igual ou inferior ao setenta por cento da xornada ordinaria ou a un posto de carácter descontinuo cun período de actividade igual ou inferior a seis meses, unha vez transcorridos dous meses desde a data do inicio da prestación de servizos.

Para a CIG esta modificación é terriblemente lesiva para o persoal e está pensada para ocultar a incompetencia e a nefasta política de cobertura de postos ao antepoñer unha suposta axilidade administrativa e planificación interna da Administración fronte aos dereitos, expectativas profesionais e condicións reais de dispoñibilidade do persoal traballador, obviando que a solución é unha correcta organización e previsión. 

E por se todo isto fora pouco, constatamos que xa comezaron a aplicarlle con carácter retroactivo esa medida ao persoal que tiña aceptado un chamamento con anterioridade á entrada en vigor desta modificación.

Diante desta desfeita, que supón unha perda de garantías para o persoal afectado e que foi adiante co voto en contra de tódalas organizacións sindicais, a CIG valorará todas as medidas posibles a adoptar para tratar de revertir este despropósito.

Como primeira acción imos realizar concentracións diante dos centros de traballo o vindeiro martes 26 de maio ás 11 horas. Seguiremos informando.

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...