Novas por contido

Este luns 18/05/26, a CIG solicitoulle ao conselleiro de Facenda unha xuntanza para dar solución e que nos actos de elección de destino participen todas as promocións que estean nesa situación, sen que ningunha quede relegada a un futuro incerto.

As case 500 persoas funcionarias de corpos xerais que concorreron á promoción interna do ano 2023 en convocatorias derivadas das ofertas de emprego dos anos 2020 e 2021 non van poder acceder ao destino definitivo por unha decisión da directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal.

Das oito promocións de corpos xerais que están pendentes de obter o seu destino definitivo, unha delas, a promoción interna do 2023 non vai poder facelo, coa conseguinte perda de dereitos.

E todo isto pola decisión, ou mellor dito, pola indecisión e inhibición da directora xeral, de Emprego Público. Descoñecemos os motivos pois o argumento empregado en primeiro lugar foi que “non toca”. Despois, que “os procesos aínda non están aínda rematados”, cando si o van estar antes de que se convoquen todos os actos de elección de destino (as resolucións coas relacións de persoas que superaron os procesos publicouse no DOG do 30 de abril e a entrega de documentación remata a final de mes).

Ao mesmo tempo esta directora xeral non nos proporcionou datos, nin de cantas persoas teñen que elixir posto nesta promoción interna, nin de cantas na anterior (hai persoas que no concurso obtiveron postos abertos), nin de cantas prazas concretas faltarían para poder levar adiante todas as eleccións de destino, xa que a información foi xenérica.

Ás persoas que aprobaron a promoción interna hai que darlles destino definitivo, e adiar esa decisión non soluciona o problema da falta de prazas e resta dereitos ás persoas funcionarias problemas causados por unha decisión inxusta e incomprensible.

E si unha dirección xeral se inhibe nas súas funcións, o conselleiro ten que chamala á orde e obrigala a dar unha solución, aínda que moito nos tememos que despois de 3 días sen resposta, o problema tamén debe ser o conselleiro.

Outras novas recentes

Martes, 06 Outubro 2026

Elección de destino de varias escalas de C1, C2 e AP

No DOG do 05/10/2026 publican a Resolución pola que se modifica a Resolución do 24 de setembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo...
Mércores, 07 Outubro 2026

A CIG solicita oficialmente unha auditoría no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Denunciamos que a Xerencia garda silencio mentres o persoal traballador está ao límite. Despois do peche que fixemos no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (CGSIB) e logo da reunión mantida o día 29 de setembro co xerente do Consorcio, a CIG vén de solicitar oficialmente unha auditoría.  Isto xa non é unha mala xestión: é unha situación insostíbel e un...
Martes, 06 Outubro 2026

Axentes ambientais: case un ano sen o plan de igualdade específico que esixe a lei

A Xunta suspende de novo en igualdade. A Lei 4/2024, do 8 de novembro, básica de axentes forestais e medioambientais, establece unha obriga específica para as administracións competentes. O seu artigo 14 (Igualdade de xénero), dispón literalmente: As administracións responsables, de acordo co fundamento de actuación de igualdade de trato entre mulleres e homes do artigo...