Novas por contido

O mércores, 1 de febreiro, tivo lugar a Concentración convocada polo Comité de Traballo e Benestar de A Coruña diante do Centro de Menores San Xosé de Calasanz en protesta pola decisión arbitraria da Consellería de Traballo e Benestar de elimiñar do Centro o Servizo de Cociña e seguir destruindo postos de traballo PÚBLICOS, ou sexa que unha Institución Pública destrúe un Servizo Público, chamándose ademais Consellería de Traballo e Benestar.

Outras novas recentes

Luns, 12 Xaneiro 2026

Persoal coidador na Xunta de Galiza: a degradación do persoal de atención ao alumnado con diversidade funcional

Comezando o século XXI, o persoal coidador da Xunta de Galiza, que por aquel entón era persoal laboral, estaba sendo reclasificado ao Grupo III do V Convenio colectivo. Os xulgados estabanlle dando a razón a un persoal que exixía que se recoñecese a realidade do traballo que estaban a desenvolver na maioría dos centros de educación nos que atendían ao alumnado de...
Martes, 20 Xaneiro 2026

Que agocha a Xunta do PP coa nova estabilización no servizo de incendios?

“Negociación” das bases das convocatorias da nova estabilización do SPIF Na xuntanza da Mesa Xeral do 19 de xaneiro, a Administración levou as bases das convocatorias do novo concurso de méritos das categorías III-100 (bombeiro/a forestal xefe/a de brigada), V-14 (bombeiro/a forestal) e V-14A (bombeiro/a forestal condutor/a). Estas convocatorias derivan da modificación que...
Martes, 20 Xaneiro 2026

Oposicións SPIF, RPTs (Mar e IGE), estado dos concursos de traslados, CGTD, cobro carreira profesional (19/01/26)

O luns 19 de xaneiro participamos na Mesa Xeral e Mesa Sectorial de negociación do persoal funcionario, para tratar as bases das convocatorias de procesos selectivos á escala de xefe/a de brigada, bombeiro/a forestal, RPT do IGE, RPT do Mar. Na rolda aberta de intervencións a CIG preguntou polas previsións dos concursos de traslados e procesos selectivos, os problemas coas...