Novas por contido

Este órgano de representación dos 3.500 funcionarios e funcionarias dos servizos centrais da Xunta de Galiza concentrarase en sinal de protesta polo menosprezo da Administración galega no exercicio das súas funcións legalmente recoñecidas

Día: xoves, 26 de xaneiro de 2012

Hora: 12.00 – 12.30

Lugar: Edificio Administrativo de San Caetano (diante da cafetería)  Ver fotos da concentración

Nos 9 meses que leva en funcionamento, na actual xunta de persoal foi intensa a actividade desenvolvida sen que, nalgúns casos, os departamentos da Xunta de Galicia se dignasen en prestar un mínimo de interese. É a tónica xeral, no noso trato coa Administración, a dificultade tan só de obter unha resposta ás diversas suxestións ou requirimentos feitos. Na maioría dos casos son reiterados os escritos e chamadas realizadas para obter varios meses despois respostas evasivas da problemática proposta que en ningún caso son satisfactorias para os intereses das persoas que representamos.

Entre os aspectos máis destacados se atopa:

  • Solicitude de entrevista co presidente da Xunta para mostrar a nosa indignación pola campaña de humillación contra a nosa figura. Nin tan sequera nos respostou a carta que lle remitimos.

  • Solicitude de información sobre as asistencias técnicas despregadas en cada consellaría. Sólo foron dúas as que contestaron (Medio Rural e Traballo) cun tono prepotente e mentindo cando aseguran que non había ningunha. 

  • Solicitude de desatasco dos procesos pendentes en Función Pública; nomeadamente os concursos de traslados. Co director xeral foron solicitadas varias xuntanzas amosando bastantes dificultades mentres recibe persoas a nivel particular sen ningún problema. En todo caso, sempre achamos respostas evasivas aos asuntos demandados.

  • Solicitude de homexeneización dos criterios de interpretación nos distintos departamentos das vacacións, permisos e licenzas. Tempo xa que se leva prometido un borrador sen obter ningunha resposta.

  • Solicitude de melloras concretas do procedemento disciplinario co obxecto de facelo máis garantista no dereito ao posto das persoas que en sentenza xudicial foses declaradas inocentes. Non obtivemos resposta.

  • Solicitude de xuntanzas para tratar problemáticas laborais de diferentes compañeiros sen que nin sequera chegasen a recibirnos (secretario xeral de Educación e secretaria xeral de Traballo).

Convidamos, e solicitamos o seu apoio, ao resto de delegados e delegadas do Comité de Empresa así como das seccións sindicais, que no seu traballo diario na defensa dos intereses das traballadoras e traballadores públicos deste centro teñen tamén que lidiar co menosprezo da Administración.

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...