Novas por contido

O martes, 13 de marzo, a Xunta de Persoal dos servizos centrais celebrou un pleno ordinario, do que informamos dos principais acordos:

  • Con relación ao transporte interurbano, en primeiro lugar acordamos solicitarlle á Secretaria Xeral Técnica da C. de Presidencia, AAPP e Xustiza unha prorroga dun mes na subvención do transporte para dispoñer dun tempo mínimo para negociar coas empresas. Con este obxecto consituíuse un grupo de traballo cos representantes de cada unha das liñas actuais. Solicitouse ao Subd. X. de Servizos Transversais unha relación das rutas coas paradas de cada unha. Comezáronse a pedir ofertas coa idea de dispoñer delas o martes, día 20, como moi tarde. Decidiuse, tamén, elaborar un cuestionario/enquisa para poder dispoñer dunha información o mais ampla posible. Por último, acordamos convocar unha asemblea de usuarios para informar da situación, constituírse como asociación e adoitar as decisións que procedan.

  • En relación co transporte urbano estamos pendentes de que o Subd. X. de Servizos Trasversais aclare coa empresa si coa actual tarxeta se poden facer os transbordos e as recargas de 10-20-30 billetes que permite a tarxeta ordinaria.

  • Activouse unha conta de correo da xunta de persoal (xuntadepersoal.sscc@xunta.es) que podedes utilizar como vía de comunicación con este órgano de representación.

  • En relación co problemática que se está a dar coa fichase no novo sistema KRONOS, que basicamente se concretan en que non so recoñece as fichaxes que se realizan entre as 7,45 h e ás 15,15 h, polo que a excasa “flexibilidade” que había ata o momento queda anulada, decidimos reivindicar a implantación da flexibilización horaria dende XA.

  • Diante do problema circulatorio que se está dando na rúa Pilar Miró (zona de San Lázaro) ao aparcar os coches nas dúas beirarúas e impedir a circulación fluída, acordamos solicitar da C. de Presidencia que tome as medidas oportunas.

  • Decidimos denunciar diante a C. de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas os verquidos que se están depositando no entorno das consellerías de Sanidade e de Traballo e Benestar, para que adoite as medidas que procedan.

  • Acordamos recompilar información sobre supostos, que os hai, de uso irregular dos coches oficiais e dos coches da Xunta de Galicia para beneficio privado, co obxecto dispoñer de información veraz para solicitar que se remate con ese dispendio.

  • Resolvemos solicitar unha reunión co Vicesecretario da C. do Medio Rural e do Mar para darlle conta ao pleno da situación irregular na que se atopa unha funcionaria desa consellería y denunciar o caso, tamén, diante da D.X. da Función Pública para que tomes as medidas oportunas.

  • Diante do traslado das unidades administrativas que a C. do Medio Rural e do Mar ten na rúa do Sar, nº 75, incluíndo ás asistencias técnicas, ao edificio administrativo de San Caetano, continuando o persoal das asistencias técnicas coa utilización do material, infraestrutura e locais da Xunta de Galicia, coas consecuencias que isto provoca, acordamos remitir un escrito de denuncia á C. do Medio Rural e do Mar, emitir un comunicado de prensa e denunciar o caso diante dos grupos parlamentarios.

  • En relación coa falta de homoxeneidade no criterio por parte das consellerías á hora de conceder o permiso recollido no artigo 76.1.k da Lei da Función Pública de Galicia (mes retribuído enfermidade moi grave familiar 1º grao), acordamos solicitarlle ao director xeral da Función Pública que, en tanto non publique o regulamente de vacacións, permisos e licenzas, remita unha instrución para que se faga en todas as consellerías do mesmo xeito.

  • Acordamos facer un pronunciamento da Xunta de Persoal de apoio á folga do día 29 de marzo.

  • Decidimos recompilar datos sobre gastos en comidas, Visa,… dos altos cargos e unha vez que os teñamos remitirémolos aos grupos parlamentarios para que pidan explicacións no Parlamento.

Outras novas recentes

Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...
Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Luns, 19 Outubro 2026

Destinos e convocatoria oposicións (axen. ambientais, c2-cociña, coidador, subalterno, limpeza, e P.I. administrativo) (MSF 16/10/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF), discutimos coa Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), as bases das convocatorias de varios procesos selectivos. Na rolda aberta de intervencións, a DXEP deu información sobre a convocatoria de elección de postos de diversas escalas. Convocatoria de procesos selectivos Respecto das...