Novas por contido

O martes, día 12 de maio, saiu publicado no DOG unha Orde para compensar os gastos derivados dos danos causados no vehículo particular como consecuencia de accidentes de ciculación producidos nos desprazamentos por razón de servizo entre o 1 de setembro de 2008 ata o 31 de agosto de 2009. Compensa os danos no propio coche, que non sexan cubertos adecuadamente por outro sistema compensatorio, nen de avarías mecánicas, nen os que se produzan dende o domicilio ata o centro de traballo e viceversa. O persoal que poderá solicita-lo son os docentes da Lei 2/2006, inspectores, funcionarios das unidades técnicas e o persoal non docente dependente da Consellería de Educación que para o desempeño do seu traballoprecise o desprazamento por estrada; pero ademáis inclue expresamente unha serie de persoal entre o que están: delegados sindicais, persoal de prevención de riscos no exercicio das súas funcións, etc. Máis información no dog 12 de maio en outras disposicións.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...