Novas por contido

Tras moito insitir, o director xeral de Función Pública convócanos para o vindeiro martes, 26 de xuño, xunto cos promotores de emprego contratados segundo o Real decreto-lei 13/2010 e RDL 1/2011 para tratar alternativas que permitan a continuidade do seu traballo até finais de ano. Ademais, a CIG solicitou na Mesa Xeral do 22 de xuño unha xuntanza de todas as OOSS coa SX de Traballo, cousa á que se negaron.

Cómpre recordar que na Lei de orzamentos estatal establece a posibilidade de que estes contratos rematen o 30 de xuño (6 meses antes do previsto). Porén tamén se estabelece que os créditos correspondentes distribuiranse territorialmente entre as ditas administracións, de conformidade co estabelecido na normativa estatal. De feito xa son varias as comunidades autónomas (Cantabria, Estremadura e Aragón) que anunciaron que ían manter estes contratos.

Desde a CIG, opoñémonos aos despedimentos no servizo público de emprego e sinalamos que as contratacións, e a súa duración, foron acordadas nas mesas de negociación da Xunta de Galiza; por iso, demandamos que  se manteñan os acordos acadados. Propoñemos como solución que parte dos "creditos distribuídos territorialmente" dos que se fala na Lei de Orzamentos se destinen para manter estes contratos como xa fixeron, curiosamente, outras comunidades gobernadas polo PP.


Outras novas recentes

Sábado, 07 Febreiro 2026

O Fogga de Ourense, ao límite por falla de persoal

O Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) en Ourense atópase nunha situación crítica como consecuencia da falla de cobertura de postos de traballo.Segundo a propia estrutura oficial da Administración, o Fogga de Ourense debería contar cunha dotación de 14 postos; porén, na actualidade, o servizo funciona con só 8 persoas, após a retirada de efectivos...
Luns, 09 Febreiro 2026

A CIG-Autonómica participa na elaboración do Protocolo Lingua Vital de actuación ante a emerxencia lingüística

A CIG-Autonómica asistiu o sábado 7 de febreiro á xuntanza dos grupos de traballo do Proceso social de Lingua Vital, que tivo lugar en Compostela, para concretar o texto do Protocolo Lingua Vital. O obxectivo da xuntanza do Proceso social de Lingua Vital, do que a CIG-Autonómica forma parte, foi concretar o protocolo de actuación ante a emerxencia lingüística do galego....
Martes, 10 Febreiro 2026

Actívanse os procedementos para a xubilación de axentes forestais! 

A Seguridade Social confirma que xa se poden tramitar as xubilacións anticipadas dos axentes forestais. Após a aprobación do Real Decreto-lei 3/2026, quedan desbloqueados os procedementos e están dispoñibles os modelos e aplicacións necesarias. Após o requirimento presentado pola CIG, a Seguridade Social comunicounos que xa é posible iniciar a tramitación das solicitudes de...