Novas por contido

O martes 24 de abril tivo lugar a Comisión de Persoal onde se tratou o concurso de traslados do persoal laboral dos grupos I a IV. Tras pasar por este "trámite", a publicación no DOG é cousa de días (previsiblemente o 4 de maio)

Na propia xuntanza, a Administración fixo entrega dun novo documento no que engadían 12 prazas no concurso, e retiraban dúas da relación previa. A CIG manifestou a súa disconformidade pola presentación, sen negociación, dunha nova modificación do listado de prazas cando en cuestión de días estará no DOG.

Detestamos a amortización masiva de prazas por parte da Consellaría de Traballo, e preguntamos si comprobaron que se cumprisen as ratios nas Residencias de Maiores. A resposta da consellaría foi que so verificaron na Residencia da Nosa Señora dos Milagres de Ourense, e das demais, "pensan que cumpren as ratios sobradamente". No caso desta residencia de Ourense, teñen claro que a ratio so se vai respetar se reducen o número de residentes. Esto é, que teñen a intención de pasar de 157 residentes a 80, e así cumprir as ratios. Esto si que é defender os servizos públicos !!!

Rexeitamos o criterio arbitrario que fai que no CAPD da Coruña amorticen a praza de Oficial de  Mantemento, no lugar da de Encargado Xeral., cando as funcios son as de Oficial de Mantemento. Preguntamos pola amortización das prazas do Grupo II categoría 007, xa que trala amortización o número de prazas sería insuficiente para a toma de pose da OPE do 2005. Contestan que non van amortizar prazas, senón que van reorganizar o Servizo, polo que se retiran do Concurso.

Instamos a Dirección xeral da función Pública a que OFERTE TODAS AS VACANTES QUE EXISTEN NO CONCURSO DE TRASLADOS e CUMPRAN CO ACORDO DO PROCESO DE CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO. Non estamos dacordo cas bases da convocatoría tal e como manifestamos nas nosas alegacións, das que non acepataron mais que dúas. Manifestamos tamén que resulta inadmisible que retiren prazas do concurso xustificando previsión de amortización, e que ao tempo digan que non amortizan, senon que "reorganizan o servizo". Todo elo de xeito unilateral, sen negociación previa.

REXEITAMOS A DESTRUCCIÓN DE EMPREGO E DOS SERVIZOS PUBLICOS que fai este Governo, co despedimento continuado de Empregados Públicos. Por todas estas consideración, O VOTO DA CIG É DESFAVORABLE A REALIZACION DO CONCURSO DE TRASLADOS NESTAS CIRCUSTANCIAS.


Outros asuntos

  • Toma de pose de Legoeiros: dende a Consellería de medio Ambientee Función Pública comunican que as prazas de Legoeiros vacantes son suficientes para a elección de destino da OPE do 2005.


  • Solicitamos se comproben os códigos dunhas prazas de veterinarios e outra de Traballo para confirmar a súa inclusión ou exclusión do concurso. Comprobada a praza de Traballo engádese para o concurso.


  • Preguntamos si se vai dar unha solución rápida para a praza de arquivos do Edificio Administrativo de Pontevedra ocupada por unha persoa non pertencente á escala. Non asiste á Comisión de Persoal ninguén de Cultura o cal é vergoñento.


  • Facémoslle constar á Administración que non imos tolerar a imposición de servizos mínimos nas folgas fora dos que están no decreto de servizos mínimos como se ben facendo por exemplo no IMELGA en Vigo.


  • Anunciamos que presentamos recurso contra a AGI e que concordamos co informe do Consello Consultivo onde se di que os Estatutos da Axencia son contrarios ao ordenamento xurídico e ao mesmo tempo denunciamos a política mafiosa da xerencia que volve a despedir a traballadores/as practicando o acoso sindical.


  • Dámoslle conta a Administración que non imos tolerar o acoso aos delegados da CIG na Consellaría de Presidencia na Coruña por parte da Secretaria Territorial e nos reservamos emprender accións pola vía penal.


  • Preguntámoslles se son conscientes de que a lei de medidas tamén se aplica aos entes que tiñan condicións por debaixo do EBEP, especialmente no tema das IT.


  • Solicitamos, tal e como xa fixemos por escrito, unha reunión para tratar o tema dos promotores de emprego.


Outras novas recentes

Luns, 04 Mai 2026

Destinos corpos xerais e convocatoria oposicións mantemento+condución (MSF 04/05/26)

A directora xeral de Emprego Público (DXEP) informou na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF) da data da xuntanza que os sindicatos solicitamos para falar dos problemas que hai coas eleccións de destino definitivo do persoal funcionario de corpos xerais. Finalmente a xuntanza vai ser o luns 11 de maio. No momento de escribir esta información non...
Venres, 08 Mai 2026

A Consellería do Medio Rural volta aos erros do pasado e crea un reforzo de persoal do SPIF a través de SEAGA

O mércores 06 de maio de 2026 tivo lugar unha xuntanza da Mesa de Diálogo de SEAGA onde se nos informou da creación de 42 brigadas de “reforzo” para o Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF). A duración dos contratos sería de 90 días e a súa xustificación viría dada pola falta de recursos en determinados períodos e localizacións. Dende a CIG Autonómica non...
Martes, 05 Mai 2026

Convocatoria oposicións Condución (C1 e C2) e Mantemento (C1 e C2) (CP 08/05/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocou Comisión de Persoal para o venres 8 de maio, na que se van aprobar as convocatorias dos procesos selectivos de C1 e C2 de condución, e C1 e C2 de mantemento. Os documentos son exactamente iguais que os que enviaron para a MSF do luns 4 de maio.  Os catro teñen as seguintes características: forma de...