Novas por contido

A Xunta privatiza a extinción de incendios e pon en risco vidas humanas e o monte galego. Tal e como xa anunciábamos, Natutecnia levouse o contrato.

Vemos como dende fai un montón de anos atrás, independentemente da cór política que goberne no país galego, ao chegar o verán e facerse público o Plan de Defensa contra Incendios Forestais (PLADIGA) da Xunta de Galiza, estáse a privatizar o propio SPDCIF.

Despois de que o día 5 de xuño a CIG-Autonómica denunciara que Medio Rural pretendía que a empresa Natutecnia contratase a persoal de incendios, sen que se convocase nengún concurso público e dando os datos do adxudicatario, vimos de coñecer como a Conselleria do Medio Rural e do Mar vén de darlle a Natutecnia, empresa privada dedicada a xestión e dirección de brigadas especiais contra os incendios forestais (brigadas helitransportadas), o control absoluto tanto das cuadrillas helitransportadas coma das propias bases.

Mesmo os días 19 e 20 deste mes de xuño realizáronse probas físicas a uns 200 aspirantes nas localidades de Pereiro de Aguiar e Vilagarcia de Arousa para integrar as cuadrillas helitransportadas, co propósito entendemos dende a CIG, de conquerir a auténticos atletas para apagar os incendios forestais dos montes galegos, dado a proba a realizar (2400 metros nun tempo inferior a 12 minutos).

A CIG entende que o realmente necesario para o servizo son traballadores e traballadoras con coñecementos axeitados dos traballos a realizar nas labouras de prevención e extinción e non atletas sen ningunha experiencia na materia de extinción. Recordámoslle a Medio Rural e do Mar que estamos tratando con vidas humanas e éstas corren o risco de sufrir un desgraciado accidente sempre e cando non dispoñan da formación axeitada para o traballo a desenrolar.

Pero a privatización non queda soamente en Natutecnia, senón que continúan as contratacións por Servizos Agrarios Galegos (SEAGA) e para máis mofa da Xunta de Galiza aos seus traballadores e traballadoras, a empresa Tragsa está ás portas de entrar no operativo de reforzo do verán igualmente con cuadrillas forestais.

Dáse a paradoxa que neste verán vamos mirar polos montes galegos persoal propio da Conselleria, de Seaga e mesmo de Natutecnia e as expensas do que poida aportar Tragsa, polo que preguntámonos, é cómo van facer co mando único con tantas empresas??? Quén se vai facer cargo de todo o persoal??? Vamos ver como técnicos forestais de Natutecnia desempeñarán as funcións de directores de extinción nun incendio??? Dende a CIG afirmamos que dividindo o operativo lévamos a un maior descontrol dos medios á hora da extinción, polo que existe un maior risco para as persoas que traballan nas citadas labouras, consecuentemente, un maior número de hectáreas queimadas. Ésto parece ser que non é preocupante para o goberno galego do Sr. Feijóo; qué intereses existen para que un operativo de extinción público como é o noso e recoñecido fóra de Galiza teña agora que compartir cartel con empresas privadas???

Nestes días foi presentado o Pladiga 2012, ao que temos que denunciar a disminución con relación ao ano 2011 das contratacións de persoal eventual para a campaña do verán (do 1 de xullo ao 30 de setembro). Votándolle unha ollada aos números das contratacións vemos como disminuirán nun 41% con relación ao ano anterior no tocante ao persoal propio da conselleria (302 traballadores/as). En relación a empresa SEAGA a merma de persoal ascende a un 77% con relación tamén ao ano anterior (1.725 traballadores/as menos), estando previsto unhas contratacións en número de 500 persoas. En números totais, estamos falando dunha disminución duns 2000 traballadores/as (un 68%) con relación ao exercicio anterior. Éstes números están recollidos tanto do Pladiga 2011 coma do 2012 (datos facilitados pola propia Xunta de Galiza).

Agora poderá saír a Sra. Conselleira do Medio Rural e do Mar dicindo que haberá os mesmos medios que o ano pasado ou que os montes estarán vixiados da mesma maneira que en anos anteriores, pero si nos vamos aos números reais, e éstos non enganan, vemos como nos montes galegos no ano 2012 haberá 2000 traballadores/as menos, polo que a riqueza forestal galega atoparáse nunha situación extrema e alarmante de cara aos posíbeis incendiarios.

Non podemos deixar de lado igualmente de facer público a escaseza de plantilla fixa do propio SPDCIF. Atopámonos con un 15% de prazas vacantes no citado servizo e entre un 7% e un 8% de prazas libres como consecuencia de baixas por incapacidade temporal, o cál, está a repercutir negativamente no propio servizo. A CIG esíxelle a Medio Rural e do Mar a cobertura de tódalas vacantes así como aquelas prazas en situación de I.T., xa non só polo comenzo da época de alto risco de incendios forestais senón tamén pola importancia para o propio servizo público de mantér o operativo dispoñíbel na súa totalidade en calqueira momento do ano, visto os acontecementos ocurridos mesmo no mes de outubro de 2011 cando foi arrasado o Macizo Central Ourensán ou a finais de marzo e primeiros de abril de 2012 cando ardeu parte das Fragas do Eume.

Gustaríanos saber si detrás deste proceso de privatización existe algún interese persoal por parte do Secretario Xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández Couto.

Nota remitida aos medios

Outras novas recentes

Martes, 21 Outubro 2025

A CIG denuncia a situación irregular e clientelar das comisións de servizo na Xunta de Galiza, en especial na Consellaría do Medio Rural

Nos últimos días coñecéronse novos anuncios de comisións de servizo na Consellaría do Medio Rural. Algunhas delas corresponden a prazas que xa foron adxudicadas de forma definitiva o 16 de outubro, e cuxas persoas titulares aínda nin sequera tomaron posesión. O persoal funcionario interino que se atopa ocupando esas prazas non foi cesado. Esta situación non é un feito...
Luns, 20 Outubro 2025

Promoción interna a corpos xerais. Modificación RPT Evo-Traballo social (para CP 21/10/25)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 21 de outubro, para a aprobación dos seguintes puntos: Promoción interna de corpos xerais Bases da convocatoria de promoción interna separada ao corpo superior-A1. Descargar Bases da convocatoria de promoción interna separada ao corpo de...
Martes, 21 Outubro 2025

Borradores dos procesos selectivos de corpos xerais, PSX, auxiliar de clínica e psicoloxía

Dende a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remítenos os borradores de convocatorias dos seguintes procesos selectivos para alegacións ata o venres 31 de outubro ás 15:00 horas. Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de persoal de servizos xerais (PSX). PI. Descarga documentación Corpo de...