Novas por contido

O luns, 25 de xuño, tivo lugar unha xuntanza coa Consellaría de Medio Rural e do Mar para tratar a proposta de modificación de RPT da consellaría con motivo dos reforzos de verán do PLADIGA. Convocada Mesa Xeral Extraorinaria Empregados Públicos.

Á petición das organizacións sindicais, a consellaría fai unha pequenísima explicación da proposta de creación de 436 postos en varias categorias do SPDCIF e onde se nos vende coma un logro o que acabaron de conquerir: que Orzamentos lles deixe crear esa cantidade de postos para engadir na RPT.

Desde a CIG-Autonómica facemos as seguintes consideracións:

  • Lembramos que a finais do ano pasado xa nos ían convocar para falar de varios temas e para recoller as opinións das organizacións sindicais, sendo hoxe a primeira xuntanza, seis meses despois.

  • Pedimos que se nos explique a creación destes 436 postos, si é pola existencia de sentencias de indefinición ou por outros motivos.

  • Solicitamos a creación de tantos postos de traballo coma sexa necesario para un correcto mantemento do dispositivo público contra incendios.

  • Pedimos que todas as contratacións sexan polo decreto de listas vixente e a eliminación de Seaga, polo que o número de contratacións pola empresa pasen ao operativo público (SPDCIF).

  • Preguntamos por qué as 436 prazas se crean só por tres meses así como por qué o SPDCIF se enfoca na extinción en detrimento da prevención, que é como entendemos nós o servizo público.

  • Entendemos que non se vai a contratar a máis traballadores.

  • Diminuíuse o persoal un 41% con respecto ao ano pasado. Consideramos que o persoal será escaso para a campaña, aínda que logo saia á prensa a mesma conselleira dicindo que os medios son os mesmos que en anos anteriores.

  • Os números da memoria non son reais: hai unha morea de vacantes (+/- 15%) e baixas (+/- 7%); en total preto de 300 postos.

  • Solicitamos a cobertura inminente de todas esas prazas. A consellaría di que se está iniciando a cobertura de vacantes por Ourense (4 prazas de axentes); todo o farán en base ás necesidades que lles transmitan os distritos e as delegacións provinciais.

  • Solicitamos que as 436 prazas sexan creadas coas denominacións do acordo.

  • Preguntamos por qué desaparecen os mecánicos de Lugo.

  • O Pladiga contradícese coa memoria económica e funcional e demostrámosllo dando datos por provincias. Preguntamos por qué esa diminución nas contratacións.

A consellaría di que ao máximo onde poden chegar é á contratación desas 436 prazas vía RPT. Das 302 prazas restantes ata o que di o Pladiga non saben si se van a contratar ou non, nin saben que criterios aplicar para facer esas posibles contratacións. Insisten en que é un logro poder meter en RPT esas 436 prazas.

Quedamos para o vindeiro mércores para tratar as alegacións que se presentarán polas organizacións sindicais.

Comprobamos que se dan por satisfeitos dende Medio Rural e do Mar coa inclusión de 436 postos en RPT e non lles quita o sono o que poida vir en plena campaña do verán, ou mesmo unha vez que remate ésta, e que aconteza o do ano 2011 cando ardeu no mes de outubro o Macizo Central Ourensán por non dispór de medios suficientes. Non teñen moi claro como van xestionar a posibilidade de que fixera falta máis medios humanos.

Descargar o documento de alegacións

Outras novas recentes

Luns, 19 Outubro 2026

Destinos e convocatoria oposicións (axen. ambientais, c2-cociña, coidador, subalterno, limpeza, e P.I. administrativo) (MSF 16/10/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF), discutimos coa Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), as bases das convocatorias de varios procesos selectivos. Na rolda aberta de intervencións, a DXEP deu información sobre a convocatoria de elección de postos de diversas escalas. Convocatoria de procesos selectivos Respecto das...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...
Martes, 20 Outubro 2026

Destinos limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc. (DOG 30/09/26), inspección consumo, inspección turismo, veterinarios/as-2024. Convocator...

Información da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, do 20/10/26: Nomeamento das escalas convocadas a escoller destino no DOG 30/09/26 (limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc, que agrupou 18 convocatorias de procesos selectivos: afirma a DXEP que publicarán a resolución co nomeamento e destino adxudicado no DOG do 30/10/26. En canto á data de toma de...