Novas por contido

O Xoves 16 de Xullo, fanse públicas as listaxes definitivas de admitidos e excluidos no tablón de anuncios do Departamento Territorial da Conselleria do Medio Rural de Ourense, da oferta de emprego público de data 1 de Xullo de 2009, para a contratación de persoal laboral temporal no Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF).

Aquelas persoas interesadas en consultar estas listaxes, podedes contactar con nós a través do noso correo (ourense@cigadmon.gal), nos locais da CIG en Ourense (988 23 38 50), no  Barco de Valdeorras (988 32 15 11) e Verin (988 41 23 45) ou si o prefires, cos nosos delegados. 

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...