Novas por contido

Os días 29 e 30 de abril e 2 e 3 de maio de 2013, a Consellaría de Medio Rural ten previsto realizar as probas físicas e de agudeza visual aos integrantes das listas reguladas polo Decreto 5/2007, do 2e de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 37/2006 do 2 de marzo, correspondentes a determinadas categorías de persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais.

A data de realización das probas será determinada pola orde alfabética dos apelidos dos/as aspirantes e será a seguinte en cada provincia:

 

Data

Letra apelido

29 de abril de 2013

A-B-C

30 de abril de 2013

D-E-F-G-H-I

2 de maio de 2013

J-K-L-M-N-Ñ-O-P

3 de maio de 2013

Q-R- S-T-V-W-X-Y-Z

 

O día e lugar das probas poderanse consultar a partires do venres 12 de abril na web da Consellaría do Medio Rural e do Mar, http://medioruralemar.xunta.es. Os/as aspirantes realizarán a proba na provincia do domicilio indicado na súa solicitude de inscrición nas listas. Os/as que teñan o seu domicilio fora de Galiza poderán realizar as probas en calquera das provincias en que pretendan traballar.

Os/as aspirantes deberán acudir á realización da proba provistos do DI e dun certificado médico oficial ou informe sobre o seu estado de saúde, asinado por un colexiado en exercicio no que se faga constar que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico. Dito certificado terá unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de realización da proba.

Outras novas recentes

Venres, 28 Xuño 2024

Agacal: a rei morto, raíña que se impón?

A uns meses de que cesaran ao xerente de Agacal e a menos de que nomearan a un novo director desa axencia, vimos de recibir un correo electrónico remitido pola xefa do Departamento de Coordinación Administrativa no que se nos envía un documento nunca antes negociado, e nas que asume as funcións da xerencia por suplencia, segundo unha resolución do 27/03/2024. Botamos en...
Mércores, 26 Xuño 2024

Convocatoria para elaborar listas de contratación temporal para xefe/a de brigada e condutor de motobomba

A Consellaría de Medio Rural publicou as bases para a elaboración dunhas listas de contratación temporal de Bombeiro/a forestal (B.F.)-condutor de motobomba e B.F.-xefe/a de brigada. Ligazón á páxina de anuncios de Medio Rural. Xustifican a súa proposta en que as respectivas listas elaboradas polo Decreto 37/2006 xa están esgotadas. Categorías : BFCMB e BFXB, laboral e...
Mércores, 26 Xuño 2024

Gardacostas: comisión de seguimento do acordo (26/06/24)

Despois de ter solicitado a CIG unha xuntanza coa Consellaría, esta convocounos á comisión de seguimento. Acceden a tratar outros asuntos que exceden do ámbito da comisión, ao igual que os outros sindicatos, o cal xa é algo positivo. 1. Coeficientes redutores A consellería coméntanos que está a actuar “politicamente” e que falaron co “grupo parlamentar no Congreso e no...