Novas por contido

Unha vez revisadas as nóminas do mes de xuño, as persoas traballadoras que solicitaron anticipo da paga extra no mes de xaneiro, están observando nos seus recibos xustificativos do pago de salarios información confusa sobre a retención de IRPF aplicada na paga extra. Así, no recibo xustificativo do pago do anticipo de xaneiro aplícase unha retención de IRPF, que no papel se volve a aplicar sobre o total da paga extra na nómina de xuño.

Realmente, aínda que se aplica unha dobre retención nos recibos xustificativos; no apartado de descontos, descóntase tan só a parte líquida do adianto (e non da bruta que debera corresponder), compensando así indirectamente o importe retido en xaneiro. A conclusión é que ao final o líquido a cobrar é o mesmo con adianto ou sen adianto. O problema é que a información reflectida na nómina é confusa e contraditoria ao non aparecer de forma xustificada as compensación feitas internamente.

A CIG vén de entregar un escrito no que reclama a Función Pública e ao CIXTEC aclaracións sobre esta situación para que as persoas empregadas públicas teñan información clara e transparente sobre as retencións aplicadas no anticipo de nómina e na paga extra de verán.

Poucos días despois o CIXTEC vén de emitir o seguinte documento aclaratorio.

Outras novas recentes

Martes, 24 Febreiro 2026

RPTs de Cultura e Agacal (MSF 20/02/2026)

Cultura modifica a RPT para abrir unha praza de dirección do CGAC (previamente aberta á Administración Xeral da Xunta e Museos), á Administración estatal das comunidades autónomas, ao persoal docente e á Administración local, de xeito contraditorio e inxustificado. Mentres, Agacal non negocia, non responde ás alegacións e non facilita a RPT e o cadro de persoal coas liñas...
Xoves, 26 Febreiro 2026

Información listas de contratación: apertura, peche e novas (DOG)

Este venres publicarase no Diario Oficial de Galiza (DOG) a resolución para a apertura do prazo de novas inscricións para as listas de contratación temporal da Xunta de Galiza. Segundo a información adiantada, prevese a apertura dun gran número de categorías. A actualización de datos do Consorcio presenta actualmente un atraso significativo. Para solventar esta situación,...
Venres, 27 Febreiro 2026

Feministas e combativas, en loita pola nosa dignidade. Este 8 de Marzo mobilízate coa CIG

A central convoca unha manifestación nacional en Compostela, con saída ás 11:30h da estación intermodal. Este 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres Traballadoras, a CIG ten convocada unha manifestación nacional que sairá ás 11:30 horas da estación intermodal de Compostela baixo o lema «Feministas e combativas. En loita pola nosa igualdade!». Cento dezaseis anos...